Dodro achega á cidadanía o servizo Liña Verde para a comunicación de incidencias

22 Xuño 2021

Dodro é un dos municipios da nosa comarca que forman parte da comunidade Liña Verde, unha aplicación móbil que establece unha canle directa de comunicación entre a cidadanía e o Concello para a solución de todo tipo de incidencias ou eivas nas infraestruturas, no mobiliario ou nos servizos municipais. Segundo fixo saber o Concello de Dodro, o servizo Liña Verde “favorece o uso de boas prácticas medioambientais e, en consecuencia, o desenvolvemento sustentábel do territorio”.

Esta ferramenta xa está presente noutros concellos da nosa contorna (por exemplo recentemente en Boiro) e en moitos casos acadou importantes taxas de resolución de problemas e participación cidadá.
A cidadanía pode acceder a Liña Verde a través da súa aplicación móbil, seleccionando (neste caso concreto) o municipio de Dodro, ou ben, directamente a través de www.lineaverdedodro.gal.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.