En Ribeira detidos dous individuos por tenencia ilícita de armas e ameazas

29 Xuño 2021

A Policía Nacional detén en Ribeira a dous individuos por tenencia ilícita de armas e ameazas.
Fóronlles intervidas unha pistola con munición, outra simulada, unha daga, un táser e certa cantidade de cocaína, así como outros efectos.

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría de Ribeira, procederon á detención de dous homes de 46 e
48 anos, respectivamente, veciños de Ribeira, como presuntos autores de senllos delitos de tenencia ilícita de armas e de ameazas graves.
A través dunha chamada á Sala do 091, tívose coñecemento de que unha persoa manifestaba ser ameazada de morte, enfronte ao seu domicilio, por dous homes, un dos cales esgrimía unha pistola, coa que apuntou á vítima. Os individuos ían a bordo dun vehículo, pola Avenida da Coruña, en dirección cara a Ribeira, cando pararon á altura
da vítima e ameazáronlle coa arma.
Inmediatamente, os axentes en servizo, iniciaron a procura do vehículo e os seus ocupantes, podendo localizalos á altura da Avenida Miguel Rodríguez Bautista, e, tras adoptar as correspondentes medidas de autoprotección,
procederon á súa interceptación e aseguramento. Durante o rexistro ao que foron sometidos tanto o vehículo como os seus ocupantes, fóronlles intervidos os seguintes efectos:
– Unha pistola, da marca Astra, co seguro manual desactivado e que contiña seis cartuchos de 9 mm no cargador, a cal foi localizada debaixo do asento do copiloto. Ningún dos ocupantes estaba en posesión de licenza de armas para poder portala.
– Unha pistola simulada, de gas, contendo 15 bólas metálicas no cargador.
– Unha daga metálica de dobre fío.
– Un táser de cor negra, preparado para efectuar descargas
eléctricas.
– Unha navalla con empuñadura en forma de pistola.
– Sete papelinas de cocaína.
– Dous teléfonos móbiles.
Os individuos foron detidos e trasladados a dependencias policiais. Aos detidos cónstanlles numerosos antecedentes policiais por diversos feitos delituosos. Tras tramitarse as correspondentes dilixencias policiais os detidos parasaron a disposicióna do Xulgado de Instrución de Garda.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Intervención e regulación” – José Manuel Pena

“Intervención e regulación” – José Manuel Pena

Hai que ser realista e non queda outra, ben a intervención e a regulación para poder garantir o dereito real a unha vivenda digna. As axudas do ICO ou o bono ao alugueiro non solucionan o problema da vivenda en España. Hai que intervir, como se fixo, no seu momento,...

“Muerte gestacional, perinatal y neonatal”. Inma Medina López

“Muerte gestacional, perinatal y neonatal”. Inma Medina López

Hoy 15 de octubre, se celebra el Día Mundial de Concienciación sobre la Muerte Gestacional, Perinatal y Neonatal. El concepto de muerte gestacional abarca todas laspérdidas de hijos/as producidas durante el embarazo, y el concepto perinatal y neonatalaquellas...