Desde Ribeira a Xunta chama a restaurar hábitos que melloren a xestión dos residuos e reduzan o consumo para evitar os impactos nos ecosistemas

05 Xuño 2021

As conselleiras de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e do Mar celebraron en Ribeira o Día Mundial do Medio Ambiente. Na actividade polo Día Mundial do Medio Ambiente, ademais das conselleiras, interviñeron Sabela, alumna do colexio de Castiñeiras; Antonio Veiras, axente medioambiental do Distrito IV-Noia; e o alcalde anfitrión, Manuel Ruiz.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, animaron hoxe aos galegos a restaurar os hábitos diarios e individuais que camiñen na mellora da xestión dos residuos e na redución do consumo dos recursos naturais, co fin de evitar impactos que deterioren os ecosistemas e o futuro do planeta.

Ambas conselleiras fixeron este chamamento durante a súa visita a un obradoiro de reciclaxe, organizado en Ribeira co gallo do Día Mundial de Medio Ambiente. Alí sinalaron que é importante que as persoas, desde as idades máis temperás, tomen conciencia da importancia de asumir condutas máis respectuosas co medio e que garantan un desenvolvemento sustentable.

Nesta liña, Ángeles Vázquez salientou que a sociedade está conectada ineludiblemente co medio ambiente, polo que é necesario usar con responsabilidade os recursos naturais dispoñibles, xa que do contrario as repercusións das accións humanas sobre a súa contorna serán inmediatas.

Explicou que este ano se pon o foco nos ecosistemas, que son moi diversos tanto pola súa natureza —desde un grao de area ata un río— como polo seu tamaño —desde unha praia ata o propio planeta—, e que teñen funcións moi necesarias, pois regulan o clima, fan que o aire sexa respirable, dannos auga e alimento e son o fogar de milleiros de especies. Sobre isto, subliñou que os datos rexistrados o ano pasado pola rede de calidade do aire de Galicia cumpriron todos os requisitos fixados.

“Aínda que cada 5 de xuño celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente, non nos podemos esquecer de que o máis importante é o que facemos cada un de nós os 365 días do ano”, incidiu.

Ángeles Vázquez, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitarán un obradoiro de reciclaxe co gallo do Día Mundial do Medio Ambiente.

Paso importante para a candidatura da Ribeira Sacra a Reserva da Biosfera.
Por outra banda, precisamente nesta xornada de celebración, Ángeles Vázquez anunciou que a Xunta acaba de coñecer que o Consello Consultivo Internacional para as Reservas da Biosfera trasladou o preceptivo informe favorable ao Consello Internacional de Coordinación do Programa MaB sobre a candidatura da Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel, o que vén dicir que o órgano consultivo da Unesco recomenda que se aprobe a proposta presentada pola Xunta.

Deste xeito, a candidatura da Ribeira Sacra dá o último e importante paso no camiño cara ao pronunciamento do devandito Consello Internacional, que terá lugar a finais deste verán, cando se darán a coñecer oficialmente as novas reservas da biosfera.

Sustentabilidade do mar e extracción de recursos mariños
Pola súa parte, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou os avances que se produciron en relación á sustentabilidade do mar e á extracción de recursos mariños. Neste sentido, salientou o labor dos profesionais do mar que se reflicte en feitos como que o 99% das cantidades de recursos mariños desembarcadas na Unión Europea procedentes do Atlántico están en límites sustentables.

Tamén puxo de relevo a necesidade de manter o equilibrio dos ámbitos ambiental, económico e social das actividades marítimo-pesqueiras e apelou a seguir traballando neste aspecto para manter os ecosistemas e os recursos mariños. Neste camiño cara a sustentabilidade puxo como exemplo o traballo do alumnado do Colexio Sagrado Corazón de Jesús de Castiñeiras —presente no acto—, co que reducen e reutilizan os residuos mariños, transformándoos en recursos útiles.

Ángeles Vázquez, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitarán un obradoiro de reciclaxe co gallo do Día Mundial do Medio Ambiente.

O obradoiro de reciclaxe desenvolveuse na contorna da praia de Castiñeiras, a escasos quilómetros do Parque Natural Dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, cuxo Plan reitor de usos e xestión (PRUX) foi aprobado o pasado 26 de maio pola Xunta, en base ao obxectivo do Goberno galego garantir a dinámica dos ecosistemas e dos hábitats naturais de toda a Comunidade.

Na actividade polo Día Mundial do Medio Ambiente, ademais das conselleiras, interviñeron Sabela, alumna do colexio de Castiñeiras; Antonio Veiras, axente medioambiental do Distrito IV-Noia; e o alcalde anfitrión, Manuel Ruiz.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.