Corenta nadadores afrontarán a travesía Arousaman entre o Grove e Ribeira para visualizar o dano cerebral adquirido

16 Xuño 2021
Corenta nadadores afrontarán a travesía Arousaman entre o Grove e Ribeira para visualizar o dano cerebral adquirido

Un total de 40 nadadores de oito comunidades autónomas van afrontar o vindeiro 31 de xullo unha nova edición da Travesía ArousaMan, entre O Grove e Ribeira, no afán de dar visualización ao dano cerebral adquirido (DCA).
O evento foi presentado esta mañá no salón de plenos do consistorio nun acto que contou coa presenza e participación do alcalde Manuel Ruiz, a concelleira de Deportes Juana Brión; Manolo O Nacho,
vicepresidente da Asociación ArousaMan e afectado por DCA; Juan Ramón Martínez, organizador da cita; Julio Simarro, presidente do Club Natación Ribeira, que tamén colabora na organización; Concha Otero, vicepresidenta da asociación de dano cerebral Sarela; e Manolo Majo e María Gómez como nadadores nas edicións de 2019.
Dos 40 nadadores, tres son mulleres, dúas das cales nadarán sen neopreno (entre elas a propia María Gómez que repite experiencia).
Ademais de Galicia, están representadas as comunidades de País Vasco, Andalucía, Valencia, Asturias, Madrid, Castela A Mancha e Castela e León. A saída terá lugar dende a praia grovense de Confín ás dez da mañá (os participantes dividiranse en tres grupos) e estímase que tardarán arredor de seis horas en alcanzar a praia ribeirense de Coroso, que dista 13 kilómetros.
Todos os comparecentes salientaron a importancia de dar visibilidade a DCA: unha doenza que ninguén está exenta de sufrir e que se pode desencadenar por moitas causas: un ictus, un aneurisma, un accidente automobilístico ou un tumor cerebral, caso este último de Manolo O Nacho, a persoa que serviu de inspiración para emprender
esta iniciativa. Tamén padece DCA Manolo Majo, quen significou que a súa participación en 2019 axudoulle a mellorar tanto física como mentalmente.
Toda a recadación excluídos os gastos de organización irán destinados a prol deste labor de concienciación.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.