Comunicado do Concello da Pobra en relación á aplicación do nivel de restrición máxima

03 Xuño 2021

O Concello da Pobra do Caramiñal emitiu este mércores 2 de xuño un comunicado relativo ás explicacións recibidas das autoridades autonómicas (Comité Clínico) logo da aplicación do nivel de restrición máxima para o termo municipal. O comunicado foi achegado polo Concello logo da conversa mantida entre o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o alcalde, Xosé Lois Piñeiro, no que o titular de Sanidade indicou “que non se está a tratar ao noso concello de maneira diferente a ningún outro” e que “a decisión tomada correspóndese coa maneira de actuar que o Comité Clínico vén aplicando a todos os municipios galegos, coa dificultade que supón facelo coa diversidade de situacións sanitarias que se presentan”.

Os argumentos do Comité Clínico que reflicte o Concello foron os seguintes:

-O día 25 o concello da Pobra estaba con 471 de incidencia acumulada a 14 días e 311 de incidencia acumulada a 7 días. A primeira non superaba o límite de 500 esixido para o nivel de restrición máxima, pero a segunda si superaba os 250 que conducen ao máis restritivo dos niveis. Ese día reuniuse o Comité Clínico, que decidiu que A Pobra pasaba ao nivel de restrición máxima, medida que se toma por norma cando un dos dous indicadores supera o límite. A medida entrou en vigor ás 0:00 horas do sábado 29.

-O Concello, a través do seu rexedor, explica que “aínda que despois do día 25 sempre estivemos por debaixo de 500 e 250 a 14 e 7 días, na reunión do subcomité do venres 28 decidiron manternos nese nivel porque as incidencias eran elevadas aínda (450 e 193) e aínda non estiveramos nin un só día coa aplicación do nivel máximo de restrición. Na reunión do pasado martes 1 de xuño, a pesar de que os datos evidenciaban unha tendencia á melloría (incidencia de 418 a 14 días e de 107 a 7 días), a valoración foi a seguinte: tan só levabamos 4 días no nivel de restrición máxima. Por experiencias anteriores, nas que baixaron a concellos de nivel con lixeiras mellorías e sen que se producira certa estabilidade en cifras máis baixas e volveron a subir ao pouco tempo, a decisión foi manternos no nivel ata que se cumpran cando menos 7 ou 10 días en restrición máxima, en función de cal sexa a evolución”.

-O Concello engade que “hai que ter en conta que agora as medidas tardan un día máis en aplicarse, por dous motivos, a necesidade de que as aprobe o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e como resposta ás demandas da hostalería, que se o prazo é escaso poden perder os produtos perecedoiros. Polo tanto o prazo alóngase un día máis”.

-O Executivo local resume a situación do seguinte xeito: “Para baixar de nivel de restrición non chega con que as incidencias baixen, o concello ten que estar como mínimo 7 días aplicando as medidas de restrición máxima”.

-Segundo se reflicte no comunicado, “o Comité Clínico tiña decidido deixar de celebrar as reunións do subcomité os venres, debido a que a necesidade de aprobación por parte do TSXG das medidas a aplicar, fai que o procedemento se volva pouco operativo, pero que sen embargo van facer unha excepción co noso concello e si se reunirá este venres. Se a evolución segue sendo favorábel baixaremos de nivel, que é probábel que comece a aplicarse a partir do luns 7 de xuño”.

-O Concello agradece “a deferencia de devolver a chamada da alcaldía, pois hoxe reuniuse o Consello da Xunta e o conselleiro comunicouse co alcalde pasadas as tres da tarde. E por suposto a cordialidade e amabilidade coa que se produciu a conversa. E finalmente agradecer a intervención que tivo na reunión do comité Eloína Núñez, a xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza, quen, en palabras do propio conselleiro, defendeu a necesidade de que se tratará o noso caso nunha reunión do subcomité este próximo venres”.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.