Comezou en Boiro a formación en cociña que impulsa o Concello ao abeiro do programa PIE

18 Xuño 2021

Esta semana deron comezo en Boiro as actividades do Certificado de Profesionalidade de Operacións Básicas de Cociña, de 350 horas de duración, enmarcado dentro das accións formativas do Programa Integrado de Emprego (PIE) que desenvolve o Concello e que está destinado exclusivamente a mulleres. O curso levase a cabo nas instalacións homologadas do Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira.

Nesta formación as alumnas van adquirir, entre outros coñecementos, formación sobre a aplicación das condicións hixiénico-sanitarias en restauración, preelaboración e conservacións culinarias, elaboración de pratos combinados e aperitivos.

Este certificado de profesionalidade, que se vai impartir ata o mes de setembro, conta cun módulo de 80 horas de prácticas que van realizar en empresas da comarca do Barbanza do sector da hostalaría.

Con esta acción formativa o Concello buscar achegar recursos útiles de emprebabilidade ao colectivo de mulleres para favorecer a inserción laboral nun sector con alta demanda de persoal cualificado como é o caso do hostaleiro. O curso está dentro do Programa Integrado de Emprego do Concello de Boiro, que está dirixido exclusivamente a mulleres e está financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.