“Cando falla a sementeira” – Manuel Domínguez

20 Xuño 2021

Cando falla a sementeira

Coidas a terra, sementas boa semente, traballas duro, os bois dan de si, o po aférrase á túa húmida pel e esperas boa colleita.

O mesmo fas cos cos fillos, dás de ti o mellor que podes, tentas ser un exemplo, bo gardián do respecto e o amor á familia.

O tempo traizoa a sementeira, os fríos, as xeadas, as choivas, esnaquizan o ano de traballo, sofres choras de impotencia, pero mantés a fe, que o ano que vén tal vez haxa máis sorte, gardas as bágoas para outra ocasión máis oportuna.

Primeiro a hipoteca, logo vendes o tenreiro para o futuro dos fillos, queres que teñan escola para que non sexan escravos da terra como ti.

Xa non hai quen pode a viña, as estrugas empezan a habitar o campo, ves que a túa esposa sempre mira ao horizonte atreves da xanela, como esperando o que non chega.

Esperabades recoller algún froito do amor sementado, os fillos botaron raíces noutras terras, o silencio crucifica.

Cando as colleitas non eran boas embargábache a tristura, pero a falta de froito nesta colleita do amor, crucifica, martiriza, ela chora en silencio, os seus xemidos, son coitelos que se cravan no corazón.

Nalgunha visita esporádica, lembran xa non hai patacas, nin chourizos, nin ovos como outrora, ela nunha esquina garda silencio, pero ti valente dis, fillos meus, xa non hai bois, só soidade e silencio, e dous anciáns que para non sufrir máis xa non temos calendario, non contamos o tempo, a túa nai na xanela garda a esperanza.

Se necesitades algo dicilo, nada, estamos ben, pero, desde a equina silenciosa di a nai posta en pé, fillos meus cando vós tivestes que pedir?, antes que chegasen as ganas para comer, nunca fame, comida na mesa, antes que os zapatos falasen, outros novos, e boa roupa para combater o frío do inverno, algunha vez ensinámosvos a pedir, esperades da miña ou do voso pai a mendicidade, seica o amor hai que esmolalo.

Cando a colleita era mala sufrimos, pero cando non fecunda a semente do amor, isto martiriza, frustra, mata e enterra, isto doe, isto é o peor dos fracasos, que non fecunde a semente do amor, que con tanto sacrificio plantamos e coidado.

E se non aprendestes, sufrimos por vós, que será de vós en anos vindeiros, que podedes ensinar aos nosos netos.

Outros artigos

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.