Boiro mantense en nivel medio de restricións anti-COVID

07 Xuño 2021

O Concello de Boiro celebrou este luns 7 de xuño unha nova sesión da Comisión de Seguimento da Evolución da COVID-19 que se realiza de xeito semanal para coñecer a incidencia da pandemia no municipio e determinar as medidas a seguir para o control da situación epidemiolóxica. Segundo os novos niveis de restrición entrados en vigor hoxe, Boiro mantense no nivel medio pola súa incidencia tanto a 7 como a 14 días.

Na xuntanza tamén se debullou o labor recente do departamento de Servizos Sociais, que mantén o control para a coordinación das posíbeis necesidades derivadas dos casos positivos en COVID-19 como son a recollida de lixo ou entrega de alimentos e outros bens de primeira necesidade por parte de Protección Civil.

Amais, lembrouse que dende o departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro realízanse outros trámites derivados da COVID, sendo un deles a tramitación de Tarxetas Moedeiro de Cruz Vermella destinadas á adquisición de produtos de alimentación, hixiene ou farmacia para persoas en situación de vulnerabilidade, das que se levan tramitadas 123 dende que se puxo en funcionamento este servizo. Tamén se realizan os trámites para o servizo de teleasistencia da Deputación da Coruña e que, dende o inicio da pandemia, se tramitaron un total de 23 novas.

A Policía Local non tramitou novas sancións nos últimos días por incumprimento das medidas específicas para o control da situación epidemiolóxica.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.