“Auténtico inferno” – José Manuel Pena

08 Xuño 2021

Despois dunha década loitando, desde unha plataforma cidadá, parecía que xa nada nos debería sorprender, pero cada semana aparecen casos máis sanguentos. Como o desa familia, unha muller divorciada que ten ao seu cargo unha filla de 12 anos de idade, que está baixo a angustia do que vai pasar coa execución hipotecaria que ten en marcha. Ao parecer xa fora obxecto dun intento de desafiuzamento, hai algúns meses, pero cando chegaba a comisión xudicial, tentárase suicidar diante deles e automaticamente deixaron sen efecto a toma de posesión.

Unha muller e a súa filla, ademais dos seus pais, que viviron un auténtico inferno ao longo de certo tempo. Ela vítima de violencia de xénero, xa desde que quedara embarazada de 4 meses da súa filla. A súa parella maltratábaa, de maneira habitual, cando chegaba a casa bébedo. Ela atópase a tratamento psicolóxico e segue tentando quitarse a vida, cando ten ocasión. Xa non pode máis.

O seu pai, que ademais é avalista de préstamos hipotecarios, tivo varios intentos de suicidio dentro das propias instalacións da entidade financeira, diante do director da mesma. Ao pai puxérano como avalista do préstamo hipotecario da súa filla a pesar de ter constancia de que tiña recoñecido unha situación de invalidez permanente absoluta.

A filla da señora, actualmente de 12 primaveras, desde os 6 anos de idade fora vítima de abusos sexuais recoñecidos, por parte do fillastro da súa parella, con “tocamentos con connotación sexual”, segundo consta no informe do forense.

A familia vive nunha pequena localidade de Galicia e trata de saír adiante, deixando atrás ese inferno que viviron. Nós, ademais doutras institucións, seguimos loitando para lograr que poidan vivir coa Dignidade necesaria.

Outros artigos

“Regenerar las administraciones”. José Castro López

Siempre hubo casos de nepotismo en las administraciones públicas, pero nunca comoahora. La Unidad Central Operativa de la Guardia Civil (UCO) atestiguó que la tramaKoldo colocó en empresas públicas a parejas, amantes, amigas y asesores de un ministrodel Gobierno y hay...

+

“Al lío. Las verdades prioridades”. Alberto Barciela

Al margen de resultados coyunturales, es evidente que el Estado necesita de algunas decisiones consensuadas, pactadas, maduradas que permitan ajustar su funcionamiento a la demanda de los tiempos. Es más que probable que el consenso -a todas luces imposible en la...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Agora Zapatero?. Custa traballo crelo” – Antón Luaces

“Agora Zapatero?. Custa traballo crelo” – Antón Luaces

Confeso que aínda manteño o asombro e que me custa un mundo crer que o expresidente Zapatero poda ser "outro aproveitado" da circunstancia de ter sido o espello no que moitos españois situábamos o sorriso e a cella como sinal do home de ben que moitos neste país de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.