Atopados dous novos tesouros en Rianxo ao abeiro da campaña A miña avoa

18 Xuño 2021

Segue a deparar sorpresas estes días a campaña A miña avoa, posta en marcha polo Concello de Rianxo para fortalecer a aposta polo comercio local a través dun convite á busca de tesouros na propia vila.

Segundo confirmou o Goberno local, Cristina Ces Comojo atopou o tesouro número 5 debaixo dun banco ao carón do monumento á Rianxeira, e Noela Ces Comojo atopou o tesouro número 4 debaixo dun tobogán do parque infantil a carón do Auditorio. Porén, o Concello fai saber que aínda que “hai moitos máis tesouros por atopar” e que as bases para participar poden consultarse na web municipal.

A campaña

O Concello de Rianxo quixo activar este verán unha proposta lúdica e participativa para dinamizar o comercio local nestes tempos de paulatina recuperación ao tempo que recoñece e distingue a implicación das rianxeiras e rianxeiros cos establecementos dos seus veciños e familiares. Trátase do concurso A Miña Avoa, no que participarán máis de 100 negocios locais. Neles, os participantes poderán obter as pistas que os leven a atopar un dos moitos tesouros agochados pola vila, que son vales de compra para o comercio local.

Desafío arqueolóxico

O certame consiste nun xogo de pistas e descubrimentos, a xeito de reto arqueolóxico. Proponse unha historia a través dunha antiga publicación na que un entrevistado fala da súa avoa, unha celebridade da vila que é moi probábel que agochase agasallos por todo o concello, “como facía cos seus regalos de aniversario cando era só un neno”, sinala o entrevistado, que remata o seu diálogo deste xeito: “Foi unha gran avoa, unha gran persoa e sobre todo, unha gran arqueóloga”. No texto ofrécense unha serie de pescudas para a localización dos tesouros.

Fomento da economía local

O obxectivo principal da iniciativa é “fomentar a economía no sector da restauración e do comercio local” ao tempo que se potencia “o lecer e a cultura do municipio” e “impúlsase o traballo en equipo dentro dos círculos familiares”. Os ingredientes principais do concurso son os cheques-agasallo e, tamén, a repercusión que de seguro acadará a iniciativa nos medios de comunicación, ao tratarse “dunha campaña innovadora, orixinal e diferente”, en palabras do Concello.

O concurso arrincou esta fin de semana que vimos de deixar atrás.

Quen queira máis información sobre a iniciativa, pode consultar estas ligazóns.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.