As mulleres do sector pesqueiro medran en visibilidade da man do Concello de Boiro e a Asociación de Mulleres do mar de Arousa

25 Xuño 2021

O Concello de Boiro e a Asociación de Mulleres do mar de Arousa trazaron liñas de traballo conxunto para elaborar propostas que axuden a dar visibilidade ás mulleres do sector do mar.

Mulleres do mar de Arousa é a primeira asociación de mulleres do sector pesqueiro de carácter autonómico e que traballa co obxectivo de crear un Observatorio Galego de Igualdade no sector do mar. A asociación convida a todas as mulleres galegas do mar a unirse para sumar forzas e realizar propostas que axuden ao recoñecemento e agradecemento da labor das mulleres e tamén para mostrar a necesidade de potenciar o relevo xeracional do sector.

Así, a Asociación de Mulleres do Mar de Arousa xunto co Concello de Boiro traballan xuntos para promover iniciativas que axuden a reivindicar a igualdade nos distintos ámbitos profesionais, neste caso no sector pesqueiro e do mar.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.