As confrarías da Coruña unense o contencioso aberto polo recurso do Ministerio para a Transición Ecolóxica contra o plan xeral do marisqueo de Galicia

09 Xuño 2021


As confrarías da Coruña comparecen como codemandadas no recurso do Ministerio contra o plan xeral do marisqueo.

As confrarías da provincia da Coruña informaron, este mércores, de que comparecerán como codemandadas no contencioso aberto polo recurso do Ministerio para a Transición Ecolóxica contra o plan xeral do marisqueo de Galicia. A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña censura que ese recurso “pode ter moi graves consecuencias para o sector”, pois 23 depósitos coruñeses contan con plans de recursos marisqueiros.

Mentres un estudo, realizado en colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Consellería do Mar, mostra que a vieira é un dos mariscos con menor impacto ambiental na súa produción. Para este estudo contouse coa participación de 14 patróns de embarcacións e o xerente da planta de eviscerado do porto de Cambados. Así, avaliáronse aspectos como os consumos de diésel dos barcos de pesca e a electricidade da factoría.

Igualmente, a titular de Mar remarcou que a vieira está “profundamente ligada ao produto gourmet da cociña galega e un recurso de primeira calidade capturado nun enclave privilexiado como son as rías galegas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

Si se cumplen las predicciones demoscópicas, el próximo domingo EH Bildu ganará las elecciones en el País Vasco, superando por primera vez al PNV en escaños y en votos. El fenómeno de crecimiento abertzale está rasgando las vestiduras de muchos politólogos y...