As augas ribeirenses darán cabida ao 15 campionato galego de fotografía submarina en apnea

12 Xuño 2021

O domingo 20 de xuño as augas do municipio ribeirense darán cabida ao XV Campionato Galego de Cazafotosub en Apnea.
A celebración desta competición —que foi dada a coñecer no transcurso da inauguración da exposición de fotografía subacuática que o club Sotavento desenvolve no consistorio local— contará con quince participantes segundo informou a concelleira de Deportes Juana Brión.
Héctor Costa, secretario de Sotavento, alabou a idoneidade das augas ribeirenses para o desenvolvemento do campionato xa que se poden atopar especies que non se ven noutros sitios. Os participantes saíran nunha embarcación dende as instalacións do Club Náutico.
Pola súa parte, o presidente da Federación Galega de Actividades Subacuáticas, Javier Núñez, celebrou a iniciativa no obxectivo de poñer en valor a riqueza dun entorno que reúne especies únicas no
mundo.
Ambos quixeron agradecer a colaboración do Concello para que este certame puidese ter lugar.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.