Barbanza Arousa acollerá a liga ACT a primeira fin de semana de agosto

11 Xuño 2021

O Azkuna Zentroa de Bilbao vén de acoller a presentación das novas tempadas da Eusko Label Liga e da Euskotren Liga. Na cita cos medios participou o alcalde de Rianxo, presidente da Mancomunidade Barbanza Arousa.

Os clubs arroupados polas institucións e patrocinadores, como é o caso da mancomunidade da nosa comarca, deron deste xeito o pistoletazo de saída a unha tempada 2021 que, segundo coincidiron, prevese máis emocionante que nunca.

ADOLFO MUIÑOS, PRESIDENTE DA MANCOMUNIDADE BARBANZA AROUSA PARTICIÓ NA PRESENTACIÓN DA EUSKOLABEL LIGA E
EUSKOTREN LIGA

Nesta tempada será a primeira edición da Bandeira Barbanza Arousa, cita deportiva prevista para Rianxo o día 7 de agosto. Ao día seguinte, 8 de agosto, celébrase a Bandeira Concello de Boiro. “Trátase dunha aposta polo turismo náutico en Barbanza Arousa, cunha ría que goza de condicións de navegabilidade idóneas para numerosas actividades de lecer os 365 días do ano”, sinalou a Mancomunidade.

O sorteo deparou as seguintes quendas: na primeira vogarán Ondarroa Cikautxo, Go Fit Hondarribia, Zierbena Bahias de Bizkaia e Bermeo Urdaibai Avia. Na segunda quenda participarán Lekittarra Elecnor, Ares, Orio Orialki e Santurtzi T. e G. Augado, mentres que na terceira quenda vogarán Tirán Pereira, CR Cabo de Cruz, Donostiarra Amenabar e Zarautz Guesalaga Okelan.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...