Aberto ata o 25 de xuño o prazo de inscrición de Movida Urbana en Porto do Son e Portosín

07 Xuño 2021

O Concello de Porto do Son informou de que o prazo de rexistro para participar nas actividades de lecer e conciliación de Movida Urbana 2021 estará aberto ata o 25 de xuño, a través do Rexistrou a Sede Electrónica de Porto do Son. A listaxe de admitidas e admitidos publicarase o primeiro de xullo.

Para máis información sobre este programa de verán, que se vai desenvolver en Porto do Son e Portosín, cómpre contactar coa área de Deportes de Concello a través do correo deportesdoson@gmail.com ou ben do número 981 767 758.

O campamento Movida Urbana desenvolverase entre o 12 de xullo e o 19 de agosto. Está especialmente dirixido a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos. Crearanse grupos reducidos de crianzas e cada monitor ocuparase de 10 participantes. Haberá 50 prazas para as actividades de Portosín e 70 para as de Porto do Son.

Como dixemos, nesta edición terán prioridade os menores de entre 3 e 12 anos, que estean empadroados no municipio ou cuxos proxenitores se encontren traballando. As actividades desenvolveranse de luns a xoves, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Os interesados deberán inscribirse do 7 ao 25 de xuño. Ao entregar a documentación, terán que marcar unha das opcións e anexar un certificado de empadroamento, ademais dun xustificante conforme se encontran a traballar. Con todo, o 1 de xuño farase pública a listaxe de admitidos e as familias deberán pagar a cantidade requirida: 40 euros por neno, aínda que haberá bonificacións.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.