A Pobra encara o verán cun completo programa de actividades de lecer para a rapazada

09 Xuño 2021

A Pobra acolleu este 9 de xuño a presentación do seu programa de actividades para favorecer a conciliación familiar durante o verán, un programa que destaca pola súa flexibilidade (haberá catro quendas e servizo de madrugadoras/es) e pola variedade dos contidos incluídos (actividades lúdicas, culturais, deportivas e de xogo libre adaptadas a cada rango de idade).

Estes obradoiros Móvete desenvolveranse no CEP Salustiano Rey Eiras dende o día 23 de xuño ata 8 de setembro. Están destinados a nenos e nenas de 3 a 12 anos durante as vacacións do verán. Así o anunciaron o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra); a concelleira da Igualdade, Charo Varela (Nós Pobra); e o coordinador dos obradoiros, Rubén López.

Haberá catro quendas: a primeira será do día 23 ata 30 de xuño, por un importe de 15 euros; a segunda correspóndese con xullo, por 60 euros; a terceira, con agosto, por 60 euros; e a cuarta, co período comprendido dende o día 1 ata 8 de setembro, por 15 euros. Aplicarase un desconto do 50% á segunda irmá ou irmán e será de balde para o/a terceiro/a. Transcorrerán de luns a venres, en horario de 09.00 a 14.00 horas, con posibilidade de entrar ás 10.00 horas.

Ademais, haberá o Servizo de Madruga (con diferentes prezos dependendo de se o/a cativo/cativa entra a partir das 07.30 ou das 08.00 horas) e a prestación de comedor de 14.00 a 16.00 horas.

As prazas son limitadas e estipúlase o día 21 de xuño como data límite para formalizar a inscrición na primeira quenda a través da oficina de Deportes do Concello, situada na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler. As persoas interesadas poden solicitar máis información nos teléfonos de contacto 981 832 590 e 981 831 545, ou no enderezo electrónico deportes@apobra.gal.

Seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...