A Pobra do Caramiñal e Mos seguirán en nivel máximo de restricciones desde o próximo sábado

01 Xuño 2021

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos de A Pobra do Caramiñal e Mos.

Así mesmo, o comité tamén determinou o nivel alto de restricións nos municipios de Ordes e Viveiro.

Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Moraña, Ponteareas, Cenlle, Lobios, O Barco de Valdeorras, Ribeira, Boiro, Oroso, Xove, Vilalba e Monforte de Lemos.

No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 5 de xuño.

A Pobra non está en risco máximo e encadea varios días en descenso. Os seus número: só dez casos na incidencia semanal. Con todo, o comité clínico determina que debe seguir perimetrada.

Os municipios de A Pobra do Caramiñal e Mos son os dous únicos que seguirán no nivel máximo de restricións desde a medianoite do próximo sábado, segundo acordou o comité clínico na súa reunión deste martes.

Pola súa banda, o municipio ourensán de Lobios abandona o tramo de máximas medidas contra a propagación do coronavirus, que supón o peche perimetral do concello, o toque de queda entre as 23 e as 6 horas e o peche da hostalería, así como a prohibición de encontros entre persoas que non conviven no mesmo domicilio.

Así mesmo, o comité que asesora á Xunta en canto ás medidas para frear a propagación da pandemia tamén acordou situar no nivel alto de restricións aos municipios de Ordes (A Coruña) e Viveiro (Lugo), nos cales só está aberta a hostalería nas terrazas e a un 50 por cento.

As medidas do nivel medio, ao cal pasará directamente Lobios, tamén deberán cumprirse nos municipios de Moraña, Ponteareas, Cenlle, O Barco de Valdeorras, Ribeira, Boiro, Oroso, Xove, Vilalba e Monforte de Lemos, nos cales a hostalería estará aberta ao 30 por cento en interiores e ao 50 por cento en terrazas.

No resto dos municipios galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo, que permiten ocupar ao 75% as terrazas e a metade do aforo do interior dos locais hostaleiros. Todas as medidas entrarán en vigor, segundo informou Sanidade, ás 00,00 horas do sábado 5 de xuño.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.