A Pobra celebra o Día da Diversidade Sexual

27 Xuño 2021

O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da súa Área da Igualdade, súmase un ano máis á campaña Liberdade
de ser e sentir!, impulsada dende Políticas de Igualdade da Deputación da Coruña con motivo do Día da Diversidade Sexual, no 28 de xuño.
A campaña busca sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero.
Entre a programación artellada para este 2021, no caso concreto da Pobra, figura a proxección de Noite irisada, un proxecto audiovisual que recoñece, a través das voces protagonistas, a loita polos dereitos de gais e lesbianas en
Galicia. Será neste sábado 26, ás 20.30 horas, no teatro cine Elma.
Seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19, polo cal se require a inscrición previa mediante o teléfono de contacto 671090262.
A maiores, a concelleira da Igualdade, Charo Varela (Nós Pobra), e o seu homólogo da Mocidade, José Andrés Lojo (Nós Pobra), achegáronse ata os Xardíns de Valle-Inclán para explicar que o Concello tamén procedeu coa
colocación, onda a fonte, dun banco pintado coas cores do arco da vella, ademais de colgar pancartas e bandeiras en instalacións municipais do Concello como, por exemplo, o consistorio. Tamén se repartirán obxectos
conmemorativos de uso cotián para contribuír a que a visibilidade do colectivo non se limite a unha única xornada. Así mesmo, a edil da Igualdade e mailo edil da Mocidade gabaron a iniciativa posta en marcha por parte da hostalaría da
localidade consistente na colocación da bandeira nos seus establecementos, á cal se sumaron comercios e outros locais do sector dos servizos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.