A edición 2021 do certame Enreguéifate, co-impulsado polo Concello de Rianxo, recibiu 42 contribucións

04 Xuño 2021

O pasado 28 de maio rematou o prazo de inscricións para o certame Enreguéifate, que, como lembraremos, diríxese a botar man das novas canles de comunicación para reivindicar a tradición galega da regueifa. Foron presentados un total de 42 vídeos, que chegaron dende Ames, Baio, Cambre, Caldas de Reis, Santiago, Vigo, Mondoñedo, Rianxo, Pontevedra, Moaña, Malpica de Bergantiños, Ponteareas e Tordoia. Todas as improvisacións orais está dispoñíbeis na páxina web do certame e na súa canle de Youtube. Os vídeos premiados desta edición anunciaranse antes do 22 de xuño a través das redes sociais do Enreguéifate.

Neste momento comeza a fase de votación do xurado que nesta ocasión está composto por María López, concelleira en Teo e profesora; Manolo Maseda, mestre, músico e regueifeiro; Séchu Sende, mestre, escritor e regueifeiro; e A Rabela (rapeira, filóloga e regueifeira).

Como en cada edición, escollerán as contribucóns gañadoras de seis premios en cada unha das categorías: regueifa máis brava, máis aguda, máis diversa, máis reivindicativa, mellor cantada e mellor falada.

Os vídeos distinguidos nesta edición anunciaranse antes do 22 de xuño a través das redes sociais do Enreguéifate.

O certame é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega.

O obxectivo principal deste proxecto é “que a cidadanía entre en contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de regueifar, nomeadamente no ámbito escolar”. Baixo este obxectivo, inclúe accións formativas e diferentes recursos audiovisuais (no Youtube) para alumnado e profesorado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

El Gobierno gallego cumplió con una de sus primeras obligaciones, la de presentar losPresupuestos con la previsión de ingresos y el desglose de gastos para el ejercicio 2027.Las cuentas anuales son como la hoja de ruta a la que ha de ajustarse el Ejecutivo en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.