A Deputación xa pagou o 85% das axudas á hostalería do Plan Reactiva

21 Xuño 2021

A Deputación da Coruña fixo balance das súas axudas para o sector hostaleiro do seu Plan Reactiva, uns apoios que veñen cunha contía total de 25 millóns de euros para os ámbitos de actividade “máis afectados pola pandemia”. A Deputación tamén presentou os detalles do segundo Reactiva. No caso das axudas á hostalaría, alcanzarán os 4,5 millóns de euros.

Un 85% das axudas pagadas

No seu balance, o presidente Valentín González e o deputado de Emprego José Ramón Rioboo sinalaron que das 3.000 solicitudes recibidas, 2.530 xa foron abonadas Ou sexa, o 85% das mesmas. O 86% dos beneficiarios son bares e restaurantes, o 10% de hospedaxe, o 3,6 % axencias de viaxe e o 0,4% discotecas e salas de festas.

“Todas as axudas, incluídas as das empresas das grandes cidades, foron tramitadas directamente pola Deputación cun tempo medio de pago de 8,2 días, un auténtico récord para calquera administración que se debe ao gran traballo do departamento de Promoción Económica e Emprego”, afirmou o presidente, que detallou que a vindeira semana estarán pagadas o 100% das axudas.

O deputado de Emprego explicou que as axudas son de 1.500 euros por negocio e que o 86% dos beneficiarios son bares e restaurantes, seguidas das empresas de hospedaxe (10%) e axencias de viaxe (3,6%) Por último, soamente 11 salas de festa e discotecas presentaron solicitude ás axudas de PEL-Reactiva II, o que supón o 0,4% do total.

Boiro achegou 16 solicitudes e xa recibiu 15.

Dodro achegou 7 peticións e xa foron atendidas todas, o mesmo que en Lousame (con 6 solicitudes).

En Muros contabilizáronse 30 peticións e foron pagadas 28.

En Noia, das 24 contabilizadas, 21 foron abonadas.

Na Pobra houbo 9 solicitudes, das que cales foron cubertas 8.

En Porto do Son rexistráronse 15 peticións, das que xa se pagaron 9.

En Rianxo houbo 7 peticións, das cales pagáronse 6.

En Ribeira contabilizáronse 53 e abonáronse 29.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.