A conselleira de Medio Ambiente visita as obras de rehabilitación do Pazo de Goiáns en Boiro

14 Xuño 2021

Na mañá deste 14 de xuño, o tenente alcalde de Boiro, Luis Ruiz, e o concelleiro de Medio Ambiente, Raúl Treus, acompañaron á conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e á xefa territorial, Cristina Carrión, durante a súa visita a Boiro para coñecer o estado de execución das obras do Pazo Goiáns.

O arquitecto municipal e director da obra, Emilio Piña, explicou que se están a realizar neste momento traballos de carpintería e acabados finais no interior do inmóbel.

O Concello de Boiro financia as obras de rehabilitación do pazo mediante o préstamos do Instituto Galego da Vivenda e Solio do Fondo de Cooperación de Concellos.

“Comprobamos de primeira man a rehabilitación desta peza nobre, un buque insignia e que vai a converter a Boiro no epicentro da recuperación e dunha segunda vida e espazos que, nun momento determinado, se puideron dar por perdidos”, sinalou Luis Ruiz, que agradeceu á conselleira a súa visita a Boiro para coñecer a posta en valor do Pazo de Goiáns.

“Dende o ámbito local entendemos que este tipo de convenios coas administración son necesarios porque nos permite aos concellos pequenos afrontar obras que doutro xeito sería moito máis difícil. Os veciños de Boiro están a devolver este crédito ao que se está a facer fronte de maneira normalizada e que remata no ano 2025”, engadiu.

Axudas á rehabilitación e á conservación

A conselleira aproveitou a súa visita a Boiro para lembrar a convocatoria (este luns 14 no DOG) das axudas ao fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

Trátase dun programa creado en 2017 polo Instituto Galego de Vivenda e Solo e que na actual convocatoria –a de 2021- reserva case 4,5 millóns de euros. “Os concellos interesados en participar no mesmo dispoñen ata o 1 de outubro para presentar as súas solicitudes”, dixo.

A conselleira lembrou que este programa de rehabilitación é “unha mostra do compromiso do Goberno galego coa conservación e recuperación do patrimonio construído na comunidade, e grazas ao mesmo xa se impulsaron 36 axudas por un importe de máis de 7 millóns de euros”, explicou, engadindo que entre estes proxectos atópase a recuperación do Pazo de Goiáns, “unha actuación que está xa moi avanzada e que se espera rematar este mesmo verán e que permitirá poñer ao servizo dos veciños de Boiro un espazo de intercambio cultural e de dinamización social, rodeado de natureza e biodiversidade”.

Outros artigos

Boiro impulsa un Camiño Escolar Seguro cara aos centros educativos

O Concello de Boiro e a Policía Local, xunto coa comunidade educativas do CEIP Santa Baia, o CEIP Praia Xardín e o IES Praia Barraña realizaron este 24 de abril unha xornada promocional do Camiño Escolar Seguro. Na actividade participaron o alcalde, José Ramón Romero,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...