A comarca achega múltiples opcións para coñecer o litoral e as illas a través de diferentes rutas marítimas

15 Xuño 2021

Había fame de saír ao mar: un desexo xeral de respirar aire libre e despexar a vista con horizontes abertos. O litoral da comarca ofrece neste senso múltiples posibilidades, e tanto os Concellos como as navieiras que operan na contorna, sábeno men. As opcións para coñecer o noso mar son este verán múltiples e variadas, pero nós centrarémonos nesta páxina nalgunhas das máis importantes e que nos tocan máis de preto.

O Faro da Illa de Sálvora visto dende o mar

Polo que se refire ás opcións en Ribeira, veñen da man das navieiras Cruceros do Ulla e Bahía Sub. Haberá, ao longo dos meses de verán, catro modalidades de ruta en catamarán con destino ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e á Ruta do Mexillón.

As saídas teñen lugar dende un peirao flotante posto a disposición por Portos de Galicia na zona de antiga lonxa e as visitas aos distintos destinos (illa de Sálvora, illa de Ons e a ruta do Mexillón) contarán coa asistencia de guías titulados.

-Ribeira–Illa de Sálvora. Navieira: Cruceiros do Ulla. Reserva e billetes: www.crucerosdoulla.com. Calendario: xuño (sábados), xullo (mércores e sábados), agosto (mércores e sábados) e setembro (sábado 7 e sábado 14). Horario: saída ás 10 e volta ás 14.30. Prezo: persoa adulta 20 €; crianzas de 3 a 12 anos 10 €; crianzas de 0 a 2 anos gratis.

-Ribeira–Illa de Ons. Navieira: Cruceiros do Ulla. Calendario: xuño (domingos 20 e 27), xullo (domingos) e agosto (domingos). Porto de embarque: Ribeira, antiga lonxa. Horario: saída ás 10.15 e volta ás 19.00. Prezos: persoa adulta 25 €; crianzas de 3 a 12 anos 10 €; de 0 a 2 anos gratis.

-Ribeira – Illa de Ons. Navieira: Bahía Sub. Máis información en www.bahiasub.com. Calendario: os sábados de xullo e agosto e en setembro, sábado 7 e sábado 14. O porto de embarque é a antiga lonxa. O horario de 10.00 a 18.00 horas. Prezo: persoa adulta 25 €; crianzas de 4 a 11 anos, 12,50 €; crianzas de 0 a 3 anos gratis. Inclúe degustación a bordo de mexillóns ou empanada con bebida.

-Ribeira – Ruta do Mexillón (con degustación a bordo). Navieira: Cruceiros do Ulla. Calendario: xuño (sábados), xullo (mércores e sábados), agosto (mércores e sábados) e setembro (sábado 7 e sábado 14). Porto de embarque: antiga lonxa de Ribeira. Horario: saída ás 17.30 e volta ás 18.45 horas. Prezo: persoa adulta 15 €; crianzas de de 3 a 12 anos 7€ ; crianzas de 0 a 2 anos gratis.

Polo que respecta á Pobra do Caramiñal, tamén será un porto referente para coñecer, por mar, a nosa importante contorna natural. Así, o Concello e a empresa Piratas de Nabia anunciaron que van organizar, por terceiro ano consecutivo, as visitas guiadas ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas. Este mes de xuño están programadas dúas excursións a Sálvora e Ons, con saída dende A Pobra. A primeira cita foi o sábado 12 de xuño (unha excursión a Sálvora) e a segunda será unha singradura cara a Ons prevista para o domingo 27, a partir das 9:30 horas, cun prezo de 22 euros para adultos e de 13 euros para a rapazada ata 12 anos. Tódolos interesados poderán facer a súa reserva a través do teléfono 986 320 048 ou na web de Piratas de Nabia (www.piratasdenabia.com). As prazas son limitadas.

Polo que se refire a Rianxo, teremos este verán tres itinerarios. En primeiro lugar haberá un roteiro marítimo á illa de Ons, con datas o 20 de xuño e o 1 de agosto, e con saída ás 10.00 horas e regreso planificado ás 19.00 horas. Os prezos serán de 23 euros para adultos e 15 para crianzas.

A segunda das experiencias será unha ruta xacobea para coñecer Barbanza dende o mar, con saída o 25 de xullo, ás 10.00 da mañá. O prezo será de 30 euros para adultos e de 20 para nenos.

Polo que se refire á terceira proposta, a Ruta do Mexillón (O Ouro de Rianxo), está prevista en dúas quendas, o 7 e o 15 agosto, con dúas saídas por día. Os horarios serán os seguintes: pola mañá de 10.30 a 13.30 horas e pola tarde de 16.30 a 19.30 horas. O prezo será de 30 euros para adultos e de 20 para nenos.

As prazas serán limitadas, segundo confirmou o Concello (colaborador desta iniciativa), que fai fincapé na necesidade, para as persoas interesadas, de facer as súas reservas canto antes. O horario de atención telefónica será de 9.00 a 14.00 horas. Poderá solicitarse información a través do teléfono 981 866 225 ou 644 719 008.

No caso da Ría de Muros e Noia, o balandro Joaquín Vieta, histórico barco que pasa por ser o veleiro máis antigo de Galicia (foi construído na segunda década do século XX, entre o 1915 e o 1916 nun estaleiro do Freixo, en Outes), navegará a ría coma en anos anteriores. O contacto, para quen estea interesado en botarse ao mar no histórico veleiro é 639 720 631. Tamén se pode solicitar información a través de www.riademurosnoia.com.

Outros artigos

Avanzan as obras para a conversión do Campo da Mina a herba artificial

O Concello de Boiro está a levar a cabo as obras para a conversión a céspede artificial do Campo de Fútbol da Mina, en Lampón. Nesta semana realizouse o pavimentado da superficie de xogo para a instalación do tapiz de herba artificial. As actuacións que se están a...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

Hay gestos que no caben en ningún titular y que, sin embargo, sostienen el mundo mejor que cualquiernorma. Son gestos de manos. De aguja. De hilo enhebrado con paciencia en muchas tardes, mientras afuerael pueblo continúa con su rutina, persianas a medio abrir y...

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

Nun acto organizado por AlumniUSC e celebrado na facultade compostelá de Filosofía, unha charla-concerto en memoria de Begoña Caamaño e do seu legado, Francisco Castro recordoulles aosasistentes un feito do que se debe falar e presumir, polo seu interese social e por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.