A Cofradía da Dorna organiza este ano eventos simbólicos ao non celebrarse a tradicional festa

08 Xuño 2021

Dende a Cofradía da Dorna estase traballando nunha serie de eventos simbólicos (recalcamos que non é festa coma tal) co gallo de homenaxear a festividade, que coma no pasado ano, non poderá realizarse debido á pandemia que estamos a vivir.

Xa podemos anunciar que haberá unha ruta de tapas, bautizada como “Estrellas Mijelín” que este ano chega á súa sétima edisión e que durante o día 23 e 24 de xullo terá lugar nos distintos locais hostaleiros da cidade, un xurado de alto nivel e formado “polo máis selecto da crítica jastronómica” será o encargado de decidir quen elabora as mellores tapas da centenaria. Os establecementos interesados en participar teñen de prazo ata o 25 do presente mes.

Por outra banda, tamén informamos que este ano haberá un concurso de “enjalanamento de casas, comersios e locais da hostalería”, coa finalidade de homenaxear á festa máis rachada e non deixar decaer o ambiente dorneiro, entregaranse varios premios en cada categoría. Neste caso o prazo remata o 1 de xullo.

As persoas interesadas en anotarse en calquera destas dúas actividades deben facelo en secretariadorna@gmailcom e nos vindeiros días serán publicas as bases nas redes sociais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.