A ARE vén de solicitar ao Concello a inmediata recuperación do servizo de autobuses de Rianxo

21 Xuño 2021

En relación á finalización da concesión do servizo municipal de autobuses comunicada o pasado venres 18 a través
dun bando informativo polo Concello de Rianxo, desde a ARE (Asociación Rianxeira de empresarios) veñen de presentarlle un escrito reclamando unha solución, “de xeito urxente e prioritario, para restablecer un servizo imprescindíbel para os veciños das parroquias rianxeiras”.


A falta deste servizo, din, “provoca un forte agravio para os veciños residentes nas parroquias de Isorna, Leiro, Asados, Araño e Taragoña e, fundamentalmente para as persoas da terceira idade que precisan, decotío, deste servizo para acudir ao médico e a farmacia, ao banco, ao propio Concello ou a calquera dos servizos que este presta; pero tamén para a facer compras necesarias que xa non poden realizar nas súas parroquias, para comprar roupa e calzado, para ir ao salón de peiteado, ao dentista, ao fisioterapeuta, ao seu corredor de seguros, a correos… e, como non, para achegarse ao mercadiño os mércores. Sen este imprescindíbel servizo os ata o de agora usuarios terán que depender doutras persoas como fillos, netos ou bos veciños que traballan ou estudan e dispoñen de tempo limitado. Ou terán que utilizar o servizo de taxi, moito máis custoso e que normalmente xa utilizan para temas urxentes”.
E engaden: “Tamén haberá algúns veciños que si terán á súa disposición autobuses da compañía Mombús para ir a Boiro ou Padrón, o que sen dúbida aproveitarán para ir ata esas vilas veciñas a realizar compras, namentres os negocios de Rianxo seguen a ver como minguan os clientes e as ventas”.
No comunicado conclúen deste xeito: “Desde a ARE non podemos permitir que os negocios de Rianxo perdan clientela por non dispor dun servizo indispensábel. Tampouco entendemos como se chegou a esta situación. Si se coñecía que o servizo non rendía para as empresas que o ofrecían e que era necesaria unha modificación nas condicións para que ao menos non perdesen cartos ao prestalo, debeuse iniciar o proceso de renovación da concesión antes de dar por rematada a existente. Cremos que non se pode demorar o máis mínimo a solución necesaria para restablecer o servizo coa maior brevidade posíbel e por iso esiximos ao Concello de Rianxo que se tomen, de xeito inmediato, as medidas oportunas para corrixir este sen sentido”.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.