78.000 euros en apoiar a contratación de 55 socorristas en 9 concellos da comarca do Barbanza

25 Xuño 2021
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, informará sobre a resolución da orde de axudas para a contratación de socorristas na provincia.

A Xunta vén de resolver a convocatoria de axudas destinadas aos concellos galegos para apoiar a contratación de servizos de interese xeral, que sexan competencia municipal. No caso da comarca do Barbanza, a Consellería de Emprego e Igualdade financiará a contratación de 55 socorristas en 9 concellos cun investimento de 178.000 euros.
Gonzalo Trenor, acompañado pola alcaldesa de Muros, María Inés Monteagudo, destacou, nunha visita á praia do Concello, que “estes programas teñen como obxectivo dar cobertura aos concellos para que poidan prestar servizos de forma máis eficaz e ao mesmo tempo apostan por un sistema de colaboración coas entidades locais encargadas
da selección deste persoal”.
En global, en toda Galicia, a Xunta inviste este ano 1,5 millóns de euros para axudar a 163 concellos e unha mancomunidade a sufragar os costes da contratación de 464 socorristas en praias, piscinas e espazos fluviais.
Un dos requisitos principais desta iniciativa é que as persoas que se contraten sexan desempregadas co obxectivo de seguir impulsando o emprego local na comunidade galega co obxectivo de proporcionarlles experiencia e práctica profesional que permita a súa inserción laboral.
Esta medida ten como obxectivo, polo tanto, mellorar a empregabilidade das persoas participantes co obxectivo de dinamizar o mercado laboral galego. Enmárcanse na prioridade da Xunta de crear máis e mellor emprego de calidade na Comunidade e completan outras iniciativas que xa se activaron e que favorecen a contratación nos concellos galegos. É o caso dos obradoiros de emprego, no que se invisten en toda Galicia 30,2M€ para permitir a formación e o acceso ao emprego de 1.500 persoas; as axudas para a contratación de orientadores laborais, ás que se destinan 6,8M€ para a contratación de 280 persoas ou os Programas Integrados de Emprego, cun orzamento de 8,4M€ para apoiar a contratación de 3.300 persoas en concellos e entidades sen ánimo de lucro.
Así mesmo, destacan as axudas destinadas á contratación de 700 persoas perceptoras da Risga, que contan cun orzamento de 7,7 millóns de euros en toda Galicia para dar apoio a 165 concellos ou agrupacións de municipios.
O delegado da Xunta recalcou que estes programas son unha mostra máis de que a Xunta está a facer un importante esforzo para crear emprego na provincia e neste caso o fai a través dun traballo conxunto cos concellos, o que implica un triplo beneficio: o aforro para as facendas locais; a garantía de que as ocupacións solicitadas responden ás
necesidades reais dos municipios que, como administracións máis próximas, coñecen as necesidades máis urxentes; e o impulso á creación de emprego no eido local.

CONCELLO TRABALLADORES AXUDA
BOIRO 8 30.337,28 €
CARNOTA 6 22.000,00 €
LOUSAME 1 2.999,98 €
MUROS 6 20.400,00 €
OUTES 6 18.000,00 €
POBRA DO CARAMIÑAL (A) 6 19.200,00 €
PORTO DO SON 8 24.000,00 €
RIANXO 6 17.929,20 €
RIBEIRA 8 24.000,00 €
TOTAL 55 178.866,46

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, informará sobre a resolución da orde de axudas para a contratación de socorristas na provincia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.