3ª xornada Campionato de España ILCA Máster 6 e 7 Portosín

06 Xuño 2021

T

erceira e última xornada do Campionato de España ILCA Máster que, desde o pasado venres día 3 de xuño, organizou
en augas da Ría de Muros e Noia o Real Club Náutico Portosín.
Cunha excelente meteoroloxía, aínda que co vento un pouco máis rolón na súa dirección que os pasados días, Portosín pechou un nacional no que tomaron parte 70 regatistas chegados desde todos os recunchos de España, con 9 mangas validadas das 9 programadas, e con dous protagonistas absolutos, os cataláns José María van Der Ploeg e Mónica
Azón, que dominaron o campionato de principio a fin.
Desta maneira o barcelonés leva un palmarés en ILCA 7 no que lle sobrou a última proba, que non navegou ao estar moi por encima do resto da frota. Van Der Ploeg / C. N. O Balís leva a placa de Campión de España con 16 puntos. Invístese a orde da segunda e terceira praza por tan só un punto respecto a a segunda xornada, onde o valenciano Javier Muñoz / Mariña Valencia, queda co segundo posto do campionato con 29 puntos, baixando ata o posto broce o
canario Josele Doreste / C. N. San Feliu de Guixols, con 30 puntos.
En ILCA 6 brillante participación da tamén barcelonesa Mónica Azón / C. N. Arenys de Mar, que do mesmo xeito que Van Der Ploeg retirouse na última manga, finalizando a súa táboa con 14 puntos e a placa de Campioa de España na súa categoría. Segundo foi o representante do R. C. N. Estepona, Arturo Reina, con 29 puntos finais. E pechando o caixón do podio o madrileño Alfonso Moreno, do C. R. Madrid, con 32 puntos.

Os galegos mellor posicionados neste campionato foron o local Javier Isidro / R. C. N. Portosín, en ILCA 7 na sétima praza e o vigués Antonio Gaona / R. C. N. Vigo, no 19 de ILCA 6.
“Campionato espléndido tanto pola organización en xeral, Comité de regatas, xurado e un especial agradecemento ao equipo de mariñeiría, sempre axudando con simpatía e eficacia”, comentaba o campión olímpico Van Der Ploeg. “Campionato que será difícil de esquecer.
Grazas aos meus competidores, por poñermo tan difícil. Foi un privilexio e unha honra competir con eles. E para Portosín, sitio marabilloso onde os haxa”, terminaba dicindo o catalán.
“Moi contenta co resultado neste campionato. Tivemos distintas condicións hoxe domingo, cun nordeste máis suave do que se esperaba e facer un cuarto e un primeiro, descartando a última manga”, declaraba Mónica Azón. “Destacar a boa organización do club, porque a mariñeiría estivo excepcional, loxística en terra, tamén na auga funcionou todo á perfección, con moita velocidade en todos os procedementos e un gran ambiente entre todos os regatistas. E aínda que parece máis fácil do que foi, reflectir a capacidade de loitar e tentar gañar cada punto coma se fose o último e leste foi o secreto desta vitoria. Felicitar ao Real Club Náutico Portosín e a toda a organización porque foi un campionato excepcional”, terminaba dicindo a regatista de Barcelona.
A entrega de premios celebrouse no exterior das instalacións do Real Club Náutico Portosín, coa asistencia de representantes das institucións e empresas que fixeron posible o campionato como foron o Excmo. Concello de Porto do Son, Turismo de Galicia, a través do Plan Xacobeo 21-22, a Real Federación Galega de Vela, a Confraría de Pescadores de San Andrés de Portosín, Gadis, Conservas Sotavento, Patacas Bonilla, a Adega Paco e Lola e M& amp; S Eventos.

Outros artigos

O Son e Ribeira impulsan a XI edición do Obradoiro de Emprego Tahume

Tal e como confirmamos os días pasados dende este medio, o Concello de Ribeira será novamente beneficiario dunha subvención da Xunta (Consellería de Emprego, Comercio e Emigración) para desenvolver o Obradoiro Dual de Emprego Tahume XI, que dende os seus inicios...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.