162 novos contaxios da COVID-19 aumentan a 1.673 os casos activos en Galicia

30 Xuño 2021

Os casos activos de COVID-19 ascenden por sétima xornada seguida en Galicia e sitúanse en 1.673, mentres que os novos contaxios repuntan a 162, que supoñen 41 máis que a xornada anterior, e os pacientes hospitalizados debido a este coronavirus aumentan en global a 54, aínda que os ingresados en UCI baixan a 10, dúas menos.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta lixeiramente nas da Coruña e Cee, Lugo e Pontevedra e O Salnés; baixa na de Vigo; e mantense nas de Ourense, Santiago e Barbanza e Ferrol.

En concreto, na da Coruña e Cee aínda que descenden a tres os pacientes COVID en UCI –uno menos–, aumentan a 27 os que permanecen noutras unidades –dúas máis–; mentres que na de Pontevedra e O Salnés soben a tres o críticos –un máis– e mantéñense seis noutras unidades.

As áreas sanitarias de Santiago e Barbanza e a de Ferrol seguen sen cambios, cun paciente COVID en UCI e un noutra unidade de hospitalización cada unha.

Pola súa banda, na de Lugo continúan dous pacientes COVID ingresados en UCI e aumentan a tres os que se atopan noutras unidades –uno máis–. Por contra, a área de Vigo queda sen pacientes críticos –a xornada pasada contaba cun– e segue cun ingresado noutra unidade.

A área de Ourense queda tamén sen pacientes Covid en UCI, pero conta con cinco noutras unidades de hospitalización.

Por áreas sanitarias, as infeccións activas aumentan en seis das sete: Vigo (+29), Pontevedra e O Salnés (+24), A Coruña e Cee (+13), Lugo (+13), Santiago e Barbanza (+11) e Ferrol (+6); mentres que unicamente descenden na de Ourense (-2). A da Coruña e Cee continúa á cabeza con 512; seguida da de Vigo, con 285; Pontevedra e O Salnés, con 262; Lugo, con 206; Ourense, con 168; Santiago e Barbanza, con 164; e a de Ferrol mantense á cola, con 76.

Outros artigos

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

Hay gestos que no caben en ningún titular y que, sin embargo, sostienen el mundo mejor que cualquiernorma. Son gestos de manos. De aguja. De hilo enhebrado con paciencia en muchas tardes, mientras afuerael pueblo continúa con su rutina, persianas a medio abrir y...

+

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

Nun acto organizado por AlumniUSC e celebrado na facultade compostelá de Filosofía, unha charla-concerto en memoria de Begoña Caamaño e do seu legado, Francisco Castro recordoulles aosasistentes un feito do que se debe falar e presumir, polo seu interese social e por...

+

“En todo tempo. Os libros das Letras”. Pilar Sampedro

Cada ano e sobre o autor ou autora á que se lle dedica o Día das Letras Galegas aparecen unha serie de libros destinados ao lectorado infantil e xuvenil, especialmente para ser traballados na escola. Neste 2026 homenaxeamos a Begoña Caamaño, unha escritora que publica...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.