Videomapping e iniciativas nas redes sociais para conmemorar a Xela Arias

15 Maio 2021

Este luns a nosa terra celebra a o Día das Letras Galegas e, este ano máis ca nunca, boa parte das actividades programadas polas diversas institucións e organismos vencellados á cultura puxeron o foco nas novas ferramentas tecnolóxicas, ben para divulgar os eventos preparados, ben para darlles máis repercusión entre a xente nova. Este sábado, sen ir máis lonxe, activouse unha iniciativa para iluminar con versos e imaxes de Xela Arias (a autora homenaxeada este 17 de maio) os principais monumentos e lugares simbólicos da escritora. Para acadar unha máis fonda pegada entre as e os estudantes, empregouse a técnica do vídeomapping. Tamén destaca o compoñente tecnolóxico da iniciativa online Unha palabra para Xela, da que falamos máis abaixo.

Versos e imaxes para monumentos e lugares simbólicos

No marco da programación institucional do Día das Letras Galegas da Xunta (composta por medio cento de accións), unha decena de monumentos e lugares especialmente simbólicos na vida e obra de Xela Arias estarán iluminados con versos e imaxes da autora desde hoxe e ata finais de mes. Empregando como dixemos a técnica do vídeomapping, a iniciativa estará presente en centros de ensino nos que estudiou Xela Arias como o instituto IES Castelao e o colexio CEIP de Sárdoma-Moledo, ambos en Vigo, ou o Colexio Fingoi de Lugo, así como na súa vila natal, na Casa do Concello de Sarria.

Tamén se iluminarán coas frases escollidas da autora a sede central da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela, o Museo do Mar de Galicia en Vigo, así como centros de especial interese das Letras Galegas e da poesía como a Casa de Rosalía, en Padrón, a Residencia Literaria 1863 na Coruña, o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago, o IES Celanova Celso Emilio Ferreiro situado no Mosteiro de San Salvador ou a Catedral de Mondoñedo.

Con esta iniciativa, a Xunta quere “visualizar entre a cidadanía a obra da autora homenaxeada difundindo fragmentos dos seus poemas”.

Unha palabra para Xela

No eido dixital, o Goberno autonómico tamén está a realizar estes días nas redes sociais a iniciativa Unha palabra para Xela xunto a máis de 30 académicos, familiares e amigos da autora. Trátase, segundo explicou recentemente a Secretaría de Política Lingüística, “dun conxunto de 31 minipezas audiovisuais que conforman un retrato colectivo da autora, e que conta coa participación de académicos da lingua galega, familiares e amizades e tamén doutras persoas que tiveron relación coa poeta; cada un deles, elixe en unha palabra que destaca a calidade que mellor define a homenaxeada ou retrata un trazo persoal, faceta ou obra da autora que valora especialmente”.

A emisión da serie está activa desde o 1 de maio, e desenvolverase ata o día 31 con palabras e lecturas de académicos da Real Academia Galega (RAG), escritoras e escritores, compañeiros de profesión e proxectos ou familiares, entre os que se encontran Rosario Álvarez, Margarida Ledo Andión, Víctor Freixanes, Xosé Luís Méndez Ferrín, Chus Nogueira, Ramón Nicolás, Chus Pato, Clara Pino, Fernando Abreu, Ana Iglesias, Darío Gil, Amparo Castaño, ademais do propio conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez.

A produción conta coa colaboración da produtora Arraianos e das persoas participantes e estase a espallar baixo o cancelo #unhapalabraparaXelaArias desde o Portal da Lingua Galega www.lingua.gal e tamén desde as redes sociais.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.