Vicepresidencia destina 40.000 euros a mellorar as dependencias de Servizos Sociais no Son

05 Maio 2021

O Goberno galego, a través de Vicepresidencia, vai destinar 40.000 euros a mellorar as instalacións dos Servizos Sociais do Concello de Porto do Son, emprazadas no Consistorio. Así o fixo saber este 5 de maio o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a súa estadía na vila sonense, onde estivo acompañado do alcalde, Luis Oujo.

Alfonso Rueda salientou “a importancia da cooperación entre as administracións para axudar aos concellos a levar a cabo proxectos que contribúan ao benestar da cidadanía, como neste caso”, dixo, referíndose ao proxecto local para unificar os espazos da Concellería de Servizos Sociais no andar segundo da Casa Consistorial, con despachos e espazos que permitan unha atención individualizada e garantan a privacidade dos usuarios.

E engadiu: “Dáse así resposta a unha demanda dos veciños, que viñan reclamando o seu dereito á intimidade na tramitación das súas xestións, e evitase así que os cidadáns teñan que acceder aos distintos andares nos que estaba repartido o servizo”.

Rueda lembrou que o concello de Porto do Son ten recibido nos últimos once anos axudas da Vicepresidencia cun importe de máis de 1,8M euros destinados a proxectos beneficiarios da Orde de Infraestruturas, do Fondo de Compensación Ambiental, ademais de actuacións na rede de saneamento e abastecemento, melloras de instalacións deportivas ou creación de parques infantís.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.