Ventoso Mariño ofreceu en Ribeira unha clase maxistral sobre a evolución da obra pictórica de Xoán Fernández

Na tarde deste 20 de maio, o Centro Lustres Rivas de Ribeira marcou un dos puntos máis álxidos da intensa axenda cultural dos nosos concellos para este mes de maio. O motivo foi a clase maxistral que ofreceu o docente, escritor e ex-político ribeirense Xosé Antonio Ventoso Mariño ante unha vintena de persoas (o máximo do aforo permitindo). Na súa charla puxo o foco na obra pictórica doutro artista local, Xoán Fernández, cuxa obra está presente estes días no Centro Lustres Rivas (a través da mostra 5 artistas do Barbanza).

Durante a súa intervención, logo da presentación da concelleira de Cultura, María Sampedro, Ventoso Mariño analizou obra a obra os cadros expostos de Fernández contextualizándoos coa época en que foron creados: os “cadros da ira”, de principios dos 70 e a ditadura, seguidos polo polos do “organismo da transición” e pasando con posterioridade ao “realismo inventado” e á etapa de Fernández en Holanda que lle fixo mudar cara a un “hiperrealismo máxico”.

Unha vez rematada a charla, relator e pintor fundíronse nun abrazo e dou paso a unha parte onde os asistentes ofreceron os seus comentarios.

As charlas culturais Arte e Palabra proseguirán o vindeiro xoves ás 20.30 horas con dúas intervencións: Manuel Cartea disertará sobre Manuel Ayaso e Eva Veiga sobre Alfonso Costa. Para rematar, o mércores 2 de xuño Juan Monterroso Montero analizará a obra da escultora Soledad Penalta.

Por outra parte, cómpre informar de que a exposición 5 artistas do Barbanza amplíase precisamente ata o 2 de xuño.