A delegada da Xunta na Coruña Belén do Campo xunto ao presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira Francisco Martínez e concelleiros da localidade participaron este venres no acto central da campaña de Volta ao cole impulsada polo colectivo empresarial e apoiada polo Goberno galego dentro do programa de dinamización dirixido a federacións e asociacións de comerciantes de ámbito supramunicipal.

A iniciativa desenvolvida entre o 9 e o 18 de setembro tivo como fin dinamizar as compras durante o regreso ás aulas e poñer en valor a importancia do comercio de proximidade premiando o consumo nos negocios asociados
Na xornada de peche as persoas que presentaron billetes de compra ou de consumición puideron realizar unha tirada para obter diversos agasallos e vales ata esgotar as existencias mentres a patronal sorteou cen euros divididos en dous premios de cincuenta euros en vales mediante rexistro con código QR ou na web oficial
De xeito complementario en colaboración coa iniciativa Com-pensa do Goberno galego entregáronse bolsas de tea na praza do Concello por cada xustificante presentado en horario de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:30 horas
Durante a visita a delegada destacou o respaldo da Xunta a estas entidades a través de axudas que na convocatoria deste ano alcanzaron os 2,35 millóns de euros para 56 organizacións de toda Galicia con case 733000 euros para 18 entidades da provincia coruñesa e máis de 234000 euros repartidos entre cinco asociacións do Barbanza en Ribeira e Boiro e A Pobra e Noia e Rianxo animando á clientela a continuar adquirindo nos comercios locais o material escolar do novo curso.




