Durante o venres quedaremos de xeito transitorio baixo influencia anticiclónica. Con esta situación teremos ceos parcialmente cubertos, con máis claros na provincia de Ourense e sur de Lugo. Xa pola noite volverán as chuvias polo norte e oeste de Galicia. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios ou mesmo en lixeiro ascenso. Os ventos soprarán frouxos do suroeste, aumentando en intensidade co avance do día e sendo fortes no extremo norte.

O NOSO MAR: Vento do sur á mañá e do sudoeste á tarde e á noite, forza 2 a 4 á mañá, 4 a 5 á tarde e 3 a 5 á noite. Mar ovellado á mañá, forte marusía á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa á mañá, regular á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 2.5 metros á mañá, 1.5 a 2 metros á tarde e 1 a 2 metros á noite.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 00:10 | 0.8 m |
| Preamar | 06:17 | 3.4 m |
| Baixamar | 12:17 | 0.9 m |
| Preamar | 18:31 | 3.4 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 00:01 | 0.9 m |
| Preamar | 06:09 | 3.3 m |
| Baixamar | 12:09 | 0.9 m |
| Preamar | 18:23 | 3.4 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 00:06 | 0.8 m |
| Preamar | 06:14 | 3.3 m |
| Baixamar | 12:13 | 0.9 m |
| Preamar | 18:28 | 3.4 m |
* As horas están en horario local.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)





