Trobar do Ar, de Xosé Manuel Lobato, preséntase en Rianxo o día 11 de xuño

28 Maio 2021

O Centro Sociocultural do Auditorio de Rianxo vai dar acollida o vindeiro 11 de xuño, ás 20.30 horas, á presentación de Trobar do Ar, libro de poesía de Xosé Manuel Lobato, achegado por Medulia Editorial. O autor estará acompañado no acto de presentación por Xosé Ricardo Losada (profesor e escritor rianxeiro) e polo alcalde Adolfo Muíños Sánchez.

Segundo fai saber Medulia Editorial, Trobar do Ar é “unha proposta de xorne irracionalista na que os contidos e as mensaxes, non sempre nidias, harmonízanse con imaxes procedentes do ensoño para construir unha totalidade simbólica, parella á convencional, na procura dunha realidade profunda atemporal e certeira, oculta detrás das apariencias”.

A entrada será de balde, aínda que con reserva previa de localidades ata as 12:00 h do xoves 10 de xuño, a través de formulario na web municipal (preferente), ou no telf 981 100 688. É necesario indicar, de todas as persoas para quen se solicita: nome completo, telf e se son conviventes. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o auditorio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.