Suso de Toro presenta este venres en Rianxo Un señor elegante

20 Maio 2021

Suso de Toro estará este venres 21 de maio en Rianxo para presentar o seu novo libro, Un señor elegante (Editorial Xerais). Xunto co autor, participarán no acto Xosé Luís Axeitos Agrelo (profesor e académico da RAG) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo).

Suso de Toro nunha imaxe de Café Barbantia

A apertura e o peche musical do acto, previsto para as 20.30 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio, correrá a cargo de Iago Hermo. Segundo informou o Concello, esta presentación forma parte do programa dos Actos Castelao 2021 pero tivo que ser adiada por mor da situación sanitaria.

Un señor elegante é unha novela de non ficción na que o autor achega o perfil dunha respectada familia de cirurxiáns con orixe en Padrón e asentada en Rianxo e en Compostela, unha familia de ideoloxía republicana e vencellada ao galeguismo desde o século XIX. A través dese retrato familiar, Suso de Toro vai enfiando a historia de Galicia e de España durante o século XX: o golpe do 36, a Guerra Civil, o exilio, a represión e a loita clandestina. O protagonista é Ramón Baltar, cirurxián distinguido polo réxime franquista e axente clandestino a través da Unión de Intelectuais vencellada ao Partido Comunista.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.