SumaRibeira propón deseñar un plan de dotación de servizos básicos equilibrado no concello

28 Maio 2021

SumaRibeira reclamará no próximo pleno a mellora na dotación de servizos esenciais no concello. A proposta para o seu debate inclúe a elaboración dun mapa de lugares onde consten de xeito obxectivo os que teñen maiores eivas, que inclúa vivendas afectadas e a necesidade de certos servizos.

O concelleiro de SumaRibeira Xurxo Ferrón

Dende o partido ribeirense consideran fundamental o deseño dun “plan de dotación de servizos íntegro e equilibrado”, co fin de garantir unha maior transparencia á hora de priorizar unas intervencións sobre outras. “Cando se executa unha obra nun punto concreto, a veciñanza non sempre entende a razón de priorizar a solución a ese problema nesa zona con respecto a outros, dando pé ao crecemento de posibles malestares”, explica o concelleiro Xurxo Ferrón.

Deste xeito, Suma ibeira pretende debater no próximo pleno a creación dun plan que inclúa, entre outros, os seguintes apartados:

1.- Elaboración polos servizos técnicos municipais dun mapa de lugares do concello con carencia de servizos esenciais, incluíndo número de vivendas afectadas, servizos dos que carece.

2.- Avaliación orientativa do presuposto necesario para solucionar as deficiencias.

3.- Presentación dun avance de proxecto técnico global cunha proposta de prioridades de actuación.

4.- Discusión do anteproxecto aberto á participación da veciñanza.

5.- Aprobación plenaria do itinerario a seguir nunha actuación municipal integral e equilibrada de dotación universal de servizos básicos.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.