SumaRibeira pide a comparecencia urxente da concelleira de Servizos Sociais para que aclare a súa presunta responsabilidade nunha festa ilegal en Bandaurrío

17 Maio 2021

Suma Ribeira insta á concelleira de Servizos Sociais a que, á maior brevidade, compareza para dar explicacións ou desmentir, de ser o caso, as distintas informacións publicadas sobre a celebración dunha festa ilegal en Bandaurrío (Ribeira).
Suma Ribeira, a través do seu concelleiro, Xurxo Ferrón, cualifica de “lamentable” esta celebración
“multitudinaria, ilegal e de alto risco sanitario”, coa que a concelleira está vencellada segundo as diferentes
noticias que se coñecen até o momento.
Para Suma Ribeira, é imprescindible que a concelleira dea conta, canto antes, do sucedido, tanto se está
convencida de que non tivo ningunha responsabilidade -“ou irresponsabilidade”- como no caso contrario,
pois a gravidade dos feitos requiren das pertinentes explicacións para que poida seguir desenvolvendo as
súas funcións de 2a Tenente de Alcalde e concelleira delegada de Servizos Sociais, Promoción Social,
Igualdade e Diversidade, cunha dedicación do 75 por cento.
“Esclarecer un suceso desta gravidade é un deber coa institución á que representa -engade o concelleiro-. A
corporación e os cidadáns e cidadás merecen información sobre o acontecido e por iso a esiximos, ante os
escasos datos oficiais aportados até o momento sobre a festa”.

Consistorio de Ribeira


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.