Stop Deshaucios Barbanza alerta dunha familia de Catoira en risco de ficar na rúa

25 Maio 2021

A plataforma Stop Deshaucios Barbanza vén de alertar dun novo caso de vulnerabilidade social na nosa contorna. Desta volta trátase de Catoira, onde unha familia corre o risco de ficar na rúa por “un desaloxo en precario”, malia que a demanda de desafiuzamento fora desestimada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Nº 1 de Vilagarcía, o 23 de decembro de 2019. Dita sentenza, advirten dende a plataforma que coordina o ribeirense José Manuel Pena, foi revogada pola Audiencia Provincial de Pontevedra o 21 deste mes de xaneiro.

Amais, con data 21/01/2021 interpúxose recurso de casación e extraordinario por infracción procesual ante o Tribunal Supremo estándose actualmente pendente de admisión a trámite do recurso.

Segundo informa Stop Deshaucios Barbanza, a orixe desta situación está nunha casa herdada e unha herdanza non partida entre irmás: “A irmá que non reside na vivenda, nin sequera no municipio de Catoira, demanda á irmá que si reside na casa familiar por desafiuzamento en precario, estimándose a pretensión da demandante pola Audiencia Provincial de Pontevedra”, explica a plataforma, engadindo que con data deste 18 de maio a demandante presentou demanda de execución provisional da sentenza, con data 25/05/2021. O Xulgado de 1ª Instancia e Instrución Nº1 de Villagarcía emitiu finalmente un decreto para “requirir á executada, a través da súa representación procesual, para que proceda ao desaloxo da vivenda de Catoira no prazo dun mes, apercibíndolle que de non verificalo procederase ao seu lanzamento”.

Stop Deshaucios Barbanza fai saber que “estamos ante unha familia composta por unha nai separada, unha filla que, á súa vez, é nai solteira dun bebé (3 anos), e outro fillo que acaba de alcanzar a maioría de idade, polo que se trata dunha evidente situación de vulnerabilidade”.

A plataforma formulará un recurso de revisión contra o decreto de desaloxo e, adicionalmente, realizará un escrito solicitando a suspensión do lanzamento sobre a vivenda habitual de colectivos especialmente vulnerábeis que tamén se presentará no Xulgado para suspender o lanzamento.

O colectivo social da nosa comarca engade que a vivenda que se pretende despexar forma parte dun patrimonio hereditario que se está a dividir xudicialmente, “e os tempos xudiciais de dicha partición son os que levan a que a vivenda non puidese adxudicarse en herdanza aínda e que provocaron a presente situación, manifestamente inxusta”.

Reunido un responsábel da plataforma co alcalde de Catoira, Alberto García, e co concelleiro do PSOE Francisco Javier César Costoya, estes mostraron “o seu total apoio á familia á que se pretende” deixar sen vivenda e puxéronse a súa disposición para achegar eles mesmos un escrito que acredite a situación de vulnerabilidade da familia e ofreceron a colaboración dos Servizos Sociais municipais que, segundo apunta a plataforma, “tamén acolleron o caso con gran empatía e profesionalidade”.

O avogado colaborador de Stop Desafiuzamentos Barbanza, o vigués Tomás Santodomingo, púxose a analizar o asunto para ofrecer a súa axuda que noutros casos similares foi exitosa.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.