“Sardiñas viviñas”. Antón Luaces

03 Maio 2021

Desde as cero horas deste luns, 3 de maio, a pesqueira da sardiña ibérica está aberta oficialmente, por resolución da Secretaría Xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura e Pesca. Esta resolución xa se comunicou á Unión Europea, significando a fixación dunha cantidade provisoria dispoñible para as frotas de España e Portugal de 21.472 toneladas. Desta cantidade corresponden a España 7.193 toneladas a distribuir entre a frota de cerco do golfo de Cádiz, a frota de cerco, recú e piobardeira do Cantábrico Noroeste, e a frota do xeito, segundo as porcentaxes de reparto establecidas pola orden APM/605/2018, de 1 de xuño. A cantidade responde á última recomendación do Consello Internacional para a Exploración do Mar e a regra de exploración precautoria de 2020.

Para a frota do golfo de Cádiz autorízase un reparto individual por buque, mentras que para o Cantábrico Noroeste regúlase a pesqueira mediante a fixación de topes para permitir o mellor aproveitamento da cantidade dispoñible.Os topes de captura e desembarque fíxanse por xornada de pesca e diferenciados polo número de tripulantes do barco (ata 8 tripulantes ou máis de 8 tripulantes). Desde o vindeiro mes de xuño van incrementarse os límites debido á maior demanda comercial desas datas e pensando nas festas de San Xoan, e de xeito crecente durante as segundas partes das seguintes semanas.A Secretaría Xeral de Pesca recoñece a existenza de “claros signos de recuperación da pesqueira”, cando son os propios mariñeiros os que verifican que a abundancia de sardiña permitiría, xaora, un reparto máis amplo,A finais de xuño serán dados a coñecer os dictames científicos que se utilizarán para realizar unha revisión da cantidade de sardiña ibérica que se poderá pescar ao longo de todo o ano 2021.Para os pescadores galegos, a abundancia de sardiña é tanta que “un día vararemos o barco nela”.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.