Sábado con ceo pouco anubrado durante o día e choivas fortes cara a noite e madrugada do domingo

07 Maio 2021

Este sábado a comarca e Galicia irá quedando na influencia dunha profunda borrasca situada ao noroeste que enviará unha fronte fría xa ao final do día. Así, durante as horas diúrnas os ceos estarán pouco nubrados ou despexados, unicamente con nubes baixas no oeste da provincia da Coruña. Á noite os ceos cubriranse e chegarán as chuvias a toda a Comunidade co avance da madrugada. As temperaturas non experimentarán cambios con lixeiros descensos das mínimas. Os ventos soprarán moderados de compoñente sur, fortes no litoral atlántico e zonas altas.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do sur, forza 5 a 6 á mañá e 5 a 7 á tarde e á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e media vaga á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá, 1.5 a 2.5 metros á tarde e 2 a 3 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar02:563.3 m
Baixamar09:080.9 m
Preamar15:233.3 m
Baixamar21:221.0 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar02:473.3 m
Baixamar09:011.0 m
Preamar15:153.2 m
Baixamar21:161.0 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar02:523.3 m
Baixamar09:060.9 m
Preamar15:203.2 m
Baixamar21:201.0 m

* As horas están en horario local.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.