O sábado será unha xornada marcada pola inestabilidade atmosférica, debido ao aire frío situado nas capas altas da atmosfera. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos ocasionais. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso con valores baixos para época do ano. O vento soprará frouxo de compoñente oeste, máis intenso no litoral.

O NOSO MAR: Vento do oeste á mañá, do oeste á tarde e do norte á noite, forza 3 a 4 á mañá e 2 a 3 á tarde e á noite. Marusía á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e á tarde e boa á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá, 0.5 a 1 metros á tarde e 0 a 1 metros á noite.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 00:59 | 3.2 m |
| Baixamar | 07:28 | 1.0 m |
| Preamar | 13:44 | 3.2 m |
| Baixamar | 19:44 | 1.1 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 00:53 | 3.2 m |
| Baixamar | 07:18 | 1.0 m |
| Preamar | 13:34 | 3.1 m |
| Baixamar | 19:36 | 1.1 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 00:58 | 3.2 m |
| Baixamar | 07:24 | 1.0 m |
| Preamar | 13:40 | 3.2 m |
| Baixamar | 19:42 | 1.1 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)





