Ribeira sobe a risco extremo, repunta Pontevedra e Vigo segue mellorando

07 Maio 2021


Respecto a onte, a nivel galego os casos activos de Covid-1 descenderon lixeiramente a 3.064, oito menos, tras dúas xornadas consecutivas de aumento. Por áreas sanitarias, as infeccións activas aumentan en catro das sete áreas sanitarias: Santiago e Barbanza (+13), dos cales 8 son de Ribeira, Pontevedra e O Salnés (+4), A Coruña e Cee (+3) e Ourense (+1); mentres que baixan nas outras tres: Vigo (-20), Ferrol (-6) e Lugo (-3).
Ribeira segundo o Sergas ten 34 casos positivos, Rianxo, Boiro, A Pobra, O Son e Noia entre 1 e 9. Lousame, Muros, dodro e Outes 0.

Deste xeito, a área de Vigo mantense á cabeza con 877 casos activos; seguida da da Coruña e Cee, con 705; a de Pontevedra e O Salnés, con 492; Santiago e Barbanza, con 408; Ourense, con 223; e Ferrol segue á cola, con 87.

En relación aos novos contaxios de Covid detectados con calquera tipo de proba descenderon ata os 195 tras o repunte a 225 da xornada anterior –30 menos.Do total de positivos, 179 foron confirmados por PCR nas últimas 24 horas en Galicia, dos cales 49 corresponden á área de Vigo; 45, á da Coruña e Cee; 32, á de Pontevedra e O Salnés; 22, á de Santiago e Barbanza; 19, á de Ourense; oito, á de Lugo; e catro, á de Ferrol.

Según os datos actualizados pola Consellería de Sanidade na mañá deste venres con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, descenden a 45 os pacientes Covid hospitalizados en UCI en Galicia –tres menos– mentres que ascenden a 152 os que permanecen noutras unidades –tres máis–.

Na área sanitaria de Santiago e Barbanza seguen catro en críticos e redúcense a 17 os doutras unidades –cinco menos–; e na de Lugo baixan a un o críticos –un menos– e mantéñense cinco noutras unidades.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...