Rianxo anuncia o seu Campamento de Verán e Plan Madruga 2021

12 Maio 2021


O Concello de Rianxo organizará o Campamento de Verán e Plan Madruga 2021 co ánimo de favorecer que os nenos e nenas do municipio participen en actividades lúdicas, deportivas, culturais e ambientais, así como contribuír á conciliación da vida familiar e laboral, sempre respectando as medidas de prevención da COVID-19.
A iniciativa está destinada ós rapaces en idade escolar, nados entre o 2009 e o 2017 (ambos incluídos), cun total de 130 participantes na actividade Campamento e de 20 participantes na actividade Plan Madruga. As actividades, por mor da COVID-19, terán lugar en distintos espazos para facilitar a asistencia dos nenos de tódalas parroquias.
Por un lado no Pazo de Rianxiño habilitaranse un total de 50 prazas para o Campamento e 10 para o Plan Madruga. O CEP Brea Segade de Taragoña contará con 40 prazas e 10 para o Plan Madruga e o Ceip Ana Mª Diéguez de Asados 20 prazas de Campamento. Por último a Casa da República de Isorna ou Centro Cultural de Leiro 20 prazas.
O Campamento de Verán comezará o vindeiro 5 de xullo ata o 27 de agosto, en horario de luns a venres, de 10:30 a 13:30 horas, e o Plan Madruga en horario de 08:00 a 10:30 h. O prazo de inscrición comezará a principios do mes de xuño, e o Campamento terá un custo de 80 euros e o Plan Madruga de 15 euros. O Concello activará bonificacións
e descontos para familias numerosas e prazas gratuítas para familias derivadas dos Servizos Sociais.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.