Rianxo acollerá a presentación do libro que reflicte as importantes contribucións artísticas da agrupación local Os Rosales

28 Maio 2021

A programación cultural de Rianxo no mes de xuño comeza de cheo con libros entroncando en boa medida coa temática de boa parte das celebracións de maio, mes das Letras Galegas por excelencia. O venres 4, no Centro Sociocultural do Auditorio de Rianxo (Sala Arcos Moldes) ás 20.30 horas, está prevista a presentación do libro Os Rosales – O Son da Festa, da Editorial Canela. A cita contará coa presenza de Fina Fernández Fernández e Christian Castrelo (autores), Maruxa Miguéns e Xosé Romero (Os Rosales) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo).

Segundo adiantan os autores, trátase dun libro “que contén a historia de toda unha vida de loita e superación, cuxo motor recorrente foi e é unha constante paixón pola música tradicional, un relato que vai contemplando, paso a paso e dentro dun contexto espazo temporal, a traxectoria vital e profesional de Xosé Romero e Maruxa Miguéns, Os Rosales”.

A través da recreación de escenas achégase ao lector ás vivencias dos protagonistas no devir da súa traxectoria e, asemade, póñense de relevo os antecedentes, os inicios, a evolución e o carácter deste grupo rianxeiro.

Os Rosales, ademais, pasará á historia por ser unha agrupación na que se integrou unha muller, Maruxa, a comezos dos anos sesenta, e que facía o labor de presentar as pezas, cantar e tocar varios instrumentos de percusión, “sen dúbida algo excepcional na época na que o grupo andou espallando por tantas romarías e festas o seu particular son”, engaden os autores e máis a editorial.

A entrada á presentación será de balde, con reserva previa de localidades ata as 12:00 h do xoves 3 de xuño, a través de formulario na web municipal (preferente), ou no telf 981 100 688. É necesario indicar, de todas as persoas para quen se solicita: nome completo, telf e se son conviventes. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o auditorio.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.