Prosegue no Son o acondicionamento de fontes, lavadoiros e rúas

27 Maio 2021

Estes últimos días de maio o concello de Porto do Son segue a ser unha importante fonte de novidades en materia de rehabilitación, humanización e posta a punto de infraestruturas, servizos, equipamentos e tesouros patrimoniais.

Lavadoiro da contorna da Igrexa de Noal

Entre estas actuacións inclúese o acondicionamento da contorna do lavadoiro e os muíños da Igrexa de Noal.

A rúa da Fonte en Portosín

O Concello tamén informou do remate das obras de humanización da rúa da Fonte en Portosín. Segundo fixo saber o Goberno local, “foi esta unha obra moi demandada pola veciñanza, que logrou mellorar o aspecto xeral da rúa, redefinindo o ámbito e dando prioridade ao peón”. Os traballos incluíron a renovación do pavimento, a restauración da fonte recuperando o seu esplendor orixinal e e supresión das barreiras arquitectónicas da zona.

O lavadoiro e a fonte de Agrelo

Amais de todo o devandito, dende o Concello procedeuse a poñer a punto a contorna da fonte e o lavadoiro de Agrelo.

A Fonte Santa de Noal

Os traballos tamén se estenderon á contorna de Fonte Santa de Noal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.