Portos inicia as obras de reforma e mellora dos peiraos flotantes e pasarelas de Testal

05 Maio 2021

Rosa Quintana, acompañada pola presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, visitará as obras que se están a realizar para mellorar os pantaláns do porto do Testal.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou na mañá deste 5 de maio o porto do Testal, en Noia, acompañada pola presidenta do ente público, Susana Lenguas, e explicou que se vai levar a cabo unha actuación de mellora na contorna contando cun investimento de 350.000 euros. Ademais, subliñou que “os traballos que se están a realizar nas instalacións responden ás necesidades do sector profesional, que foron trasladadas tanto pola Confraría de pescadores local como polo Concello”.

As obras beneficiarán a máis de 260 embarcacións pesqueiras que empregan estas infraestruturas ao mellorar as condicións de atraque, co que facilitan tamén o desenvolvemento da actividade diaria dos profesionais do mar desta localidade. Concretamente, os traballo substituirán o actual peirao por madeira tecnolóxica e habilitaranse os servizos básicos de alumeado e subministración de auga. Doutra banda, melloraranse as condicións de seguridade das instalacións ao habilitar un sistema de control de acceso aos pantaláns que funciona co teléfono móbil. Finalmente, balizarase a punta de liña do pantalán.

Ditas actuacións son de real importancia, xa que xera emprego e enriquece a súa contorna. Por iso, trátase dun asunto de especial transcendencia, sobre todo en situacións de dificultades como a actual pola crise da COVID – 19.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.