Política Lingüística publica na Rede as listaxes de persoas admitidas para as probas do CELGA

05 Maio 2021

A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou no Portal da Lingua as listaxes definitivas das persoas admitidas nas probas do CELGA, que son 2.766. Ademais, fixo saber as datas das probas de acreditación co CELGA da primeira convocatoria do ano 2020: o CELGA 4 os días 22, 23 e 29 de maio, o CELGA 2 o 30 de maio, o CELGA 3 os días 5 e 6 de xuño e o CELGA 1 o día 12 de xuño. As probas desenvolveranse nas localidades nas que vén sendo habitual, Santiago de Compostela e Ponferrada.

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar esta información, así como as listaxes definitivas de persoas admitidas por niveis, que suman un total de 2.766 inscritas e que, como dixemos, pódese consultar tamén no Portal da Lingua. Por certo que esta cifra supón un incremento de case 1.000 persoas con respecto á convocatoria 2020, na que se inscribiron 1.780.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística prevé para finais de ano unha segunda convocatoria de exames que anunciará nos vindeiros meses.

Tamén fixo saber que de igual xeito que nas probas da convocatoria anterior, realizadas entre setembro e outubro de 2020, os exames levaranse a cabo baixo o protocolo de seguridade sanitaria, co fin de protexer a saúde propia e a das demais persoas. Por niveis e localidades, as persoas inscritas nas probas de acreditación do nivel CELGA 1 son 131 (en Santiago de Compostela); 381 no caso do CELGA 2 (326 en Santiago e 55 en Ponferrada); 658 no caso do CELGA 3 (540 en Santiago e 118 en Ponferrada) e 1596 no caso do CELGA 4 (1334 en Santiago e 262 en Ponferrada).

O sistema CELGA

O CELGA é o certificado en lingua galega que expide a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e que acredita o coñecemento da lingua en cinco niveis. Trátase dun modelo de aprendizaxe, ensino e avaliación da lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas definido polo Consello de Europa, no que se describen os coñecementos e habilidades que se contemplan en diferentes niveis para que a comunicación sexa eficaz.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...