“Pesqueiros franceses bloquean o porto de St. Helier en protesta polo incumprimento británico do acordo de Brexit.

06 Maio 2021

Unha importante frota de barcos franceses -arrastreiros, na súa maioría- poderían continuar as súas protestas contra o Reino Unido por nos disfrutar dos dereitos de pesca posteriormente ao Bréxit. Esa mesma frota xa levou a cabo o pasado xoves o bloqueo do principal porto da illa de Jersey, no Canal da Mancha, motivo polo que o Reino Unido mandou á zona os buques HMS Severn e HMS Tamar, ambos da Royal Navy, como medida precautoria. Estes navíos estiveron patrullando as augas próximas á illa, mentres os pesqueiros se concentraban no porto de St. Helier, en protesta pola falta de acceso ás augas que rodean a citada illa de Jersey. Os barcos de pesca concentráronse nas inmediacións do castelo de Elizabeth, sen permitiren a saída do porto ao cargueiro Commodore Goodwin. Este buque permaneceu nas instalacións portuarias durante varias horas, mentres as tripulacións dos pesqueiros galos lanzaban ao aire bengalas de fume e outras.
Foi esta unha protesta pacífica que, para os viciños   da illa de Jersey veu ser unha “invasión” protagonizada por uns 60 barcosm ma súa maior parte pesqueiros, se ben había tamén algunhas dragas.

O primeiro ministro británico, Boris Johnson, e o ministro principal de Jersey, o senador John Le Fondre, abordaron conxuntamente a necesidade dunha redución das tensións e o establecemento dun diálogo entre Jersey e Francia sobre o acceso á pesca.Lograr unha solución diplomática a esta disputa é o principal obxectivo, despsois de que Francia ameazara con cortar a subministrtación de electricidade á illa, acusando a Jersey de demorar a emisión de novas licenzas de pesca aos barcos franceses. Os pescadores galos dixeron que bloquearían o porto principal de Saint Helier para dificultar a entrega de subministros. Ata un cento de barcos franceses  prevén o bloqueo do porto principal de St. Helier nunha próxima ocasión para evitar que o buque Commodore Clipper, con carga a bordo, atraque en Jersey.Pola súa banda os funcionarios franceses tamén anunciaron que pecharían as súas oficinas das illas do Canal e deixarían de importar produtos de Jersey a Francia.

As autoridades francesas acusaron ao Reino Unido de utilizaren as burocracia para limitar a pesca nas inmediacións das illas e ignorando o acordo de Brexit ante a Unión Europea do ano pasado. Están dispostas as autoridades galas  a “utilizar estas medidas de represalia”, sen desbotar a transmisión de electricidade por cable submariño.Segundo o Reino Unido, a disputa baséase en que 17 embarcacións francesas  non poideronb facilitar os datos necesarios para que Jersey lles outorgue unha licenza de pesca en augas británicas. Nestas licenzas establécense as zonas de pesca, o tempo de estadía na zona dos barcos e mesmo o tipo de máquinas que estes poden utilizar.Ao parecer, Jersey xa outorgou licenzas de pesca a máis de 40 barcos franceses, cuxa protesta contrasta coa tranquilidade aparente que mantén a frota española afectada tamén pola interpretación ou lectura que as autoridades británicas fan dos acordos asinados coa UE pola negociación do brexit, nun flagrante incumprimento do sinalado no mesmo con grave afectación para os pesqueiros implicados. Tampouco, neste senso, houbo ata o de agora manifestacións ao respecto por parte do ministerio español de Agricultura e Pesca, como tampouco as houbo por parte das organización pesqueiras españolas.

Outros artigos

“Recado de escribir para Julio Cortazar”. Alberto Barciela

Artículo de inauguración del VII Congreso de Editores Europa América Latina Casa América, Madrid, 18 de marzo de 2024 Estimado Julio Cortázar, admirado maestro, Confío en que en la vastedad del universo, al menos del inmemorial te alcancen estas reflexiones. Si te...

+

“Ata logo Tucho” – Fernando Sarasketa

Tucho díxolle á súa neta: lévame ao Faro de Corrubedo. Creo que foi unha das últimas viaxes ou excursións que fixo, era un home de Ribeira, da súa terra, pero tamén un algo viaxeiro e con interese por coñecer outros lugares. En Corrubedo, era un bonito día de sol,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manual del Buen Corrupto”. José Castro López

“Manual del Buen Corrupto”. José Castro López

El primer principio del Manual del Buen Corrupto es la petición que el subordinadohace a su jefe: “No te pido que me des, te pido que me pongas allí donde se reparte eldinero” y ya se encargará él de que ese reparto sea equitativo de acuerdo con la máximael que parte...

“No le dejéis morir.”. Manuel Dominguez

“No le dejéis morir.”. Manuel Dominguez

Se llama valle alto, todo verde un pequeño rio marca frontera, antaño el viento rompía el silencio en su ausencia, hoy solo un solitario mugido, dos vacas al fondo, mas allá 4 puntos blancos, son las ovejas de tía Filomena, las vacas del tío Aurelio. Él me lleva a un...