Os socialistas de Noia piden ao Concello que axuste a sinalización nas rúas ao novo regulamento en vigor

26 Maio 2021

O grupo Socialista de Noia vai solicitar por escrito no vindeiro pleno e a través dun rogo que “se axilice a instalación de sinais de tráfico” e “se tomen as medidas necesarias para axustar a sinalización nas rúas do municipio e cumprir coa reforma do regulamento xeral de circulación, que entrou en vigor o pasado 11 de maio”.

Os socialistas lembran no seu comunicado que no mes de outubro presentaron unha moción para “mellorar a seguridade viaria na vila, na que se solicitaba ao Goberno municipal que se revisaran os pasos de peóns, e se estudase a posibilidade de reducir a velocidade a 30 Km/h nalgunhas rúas para que tivesen prioridade as persoas diante dos vehículos a motor”.

Os socialistas indican que os responsábeis municipais “vense agora na obriga de cumprir co novo regulamento de tráfico que limita a velocidade en vías urbanas a 30 quilómetros por hora, e despois de entrar en vigor, aínda non se realizou ningún cambio, nin información, na sinalización do municipio”.

Por todo isto, piden que se fagan as xestións “no menor tempo posíbel”, para mellorar a seguridade viaria, e que os condutores dispoñan de toda a información cos cambios que se produciron.

O portavoz socialista, Roberto Iglesias, indica que “unha vez máis, o Goberno actual vai por detrás da realidade, e demostra unha total falla de previsión cando despois da entrada en vigor do novo regulamento non se realizou ningunha modificación na sinalización da nosa vila”.

Asemade, o partido socialista vai pedir ao Goberno de Noia que realice unha campaña nas redes do Concello, lembrando a veciñanza a obrigatoriedade de limpar as fincas situadas preto das vivendas antes do 31 de maio, e cumprir coa Lei de prevención de incendios.

Outros artigos

Noia homenaxea este domingo a Sebastián Paz Suárez

O Concello e veciñanza de Noia van homenaxear este domingo ao profesor e escritor Sebastián Paz Suárez (Noia, 1943), neto do compositor Felipe Paz Carvajal e comprometido coa recuperación e reivindicación da historia do seu avó, destacado autor musical, director de...

+

O conto da toupiña da Xanela de Maxín chega este domingo a Noia

Este domingo temos unha cita co teatro familiar no Teatro Coliseo Noela, en Noia. A compañía A Xanela do Maxín trae ao Noela a obra A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, unha divertida historia para a rapazada protagonizada por unha pequena...

+

A compañía aAntena leva a Noia (este sábado) a obra “Sol Fuerza”

O Coliseo Noela de Noia acolle este sábado 3 de outubro a representación de Sol Fuerza, da compañía galega aAntena e protagonizada por Lucía Veiga. Será ás 20.30 horas con entrada de balde ata completar o aforo. Trátase dun espectáculo para público adulto que mestura...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.