“Os piratas asaltan outro barco en augas do golfo de Guinea. Antón Luaces

24 Maio 2021

Non dan feito: cando baixa ostensiblemente a actividade delictiva das organizacións piratas ao sur de Asía e no denominado “Corno de África”, en augas de Somalia,  agrávase a que, no golfo de Guinea, manteñen desde fai tempo outras organizacións de semellantes características. 
A zona do golfo guineano volve a ser estes días punto de referencia  pola acción dunha banda armada que, a bordo dunha lancha rápida, atacou un buque atuneiro que navegaba pola zona. Nesta oportunidade, a 65 millas ao Sur de Tema (Ghana).Un ataque cuxo resultado, polo que se sabe, só -e non é pouco- fala do secuestro de cinco mariñeiros: o capitán, de nacionalidade coreana, e catro mariñeiros: tres chineses e un ruso. Polo de agora descoñécese se no buque apreixado, que foi abandonado a 100 millas ao sur da costa de Ghana, quedou algún outro mariñeiro ademáis dos cinco secuestrados,  que se levaron consigo os piratas.

Dúas horas antes do asalto perpetrado o día 19 de maio, a tripulación do atuneiro Atlantic Princess avistou un mini-tanque oxidado aboiando na distanza e co dispositivo de localización AIS apagado. Este artefacto flotante poido ter sido utilizado como barco nodriza polos piratas .O Atlantic Princess ten unha eslora de 55,43 metros, e pertence á compañía ghanesa ZHONG GHA FOODS, propietaria doutros catro buques. Trátase do antigo Cap Saint Paul, construido en Saint Malo, no ano 1982.

Atlantic Princess

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.