O sector ten 15 días para comparecer no contencioso do Goberno central contra o plan marisqueiro

O sector ten 15 días para comparecer no contencioso administrativo do Goberno central contra o plan de explotación marisqueira da Xunta. Así o recolle a resolución que publica este venres o Diario Oficial de Galicia (DOG), no apartado de administración de xustiza, onde recolle o edicto de interposición de recurso contencioso-administrativo.

Deste xeito, apunta que no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na sala do contencioso administrativo, na súa sección segunda, interpuxo o recurso o avogado do Estado, que se tramita como procedemento ordinario.

O recurso interponse fronte á comunidade, sobre a orde da Consellería do Mar, que aproba o plan xeral de explotación marisqueira para o trienio 2021-2023.